Los Secretos tocarán os seus lexendarios temas este 28 de agosto en Boiro

Este sábado 28 de agosto actúa en Boiro a histórica banda Los Secretos, unha das grandes agrupacións da década dos oitenta e o dos noventa, comandados polos irmáns Urquijo (hoxe en día, finado Enrique no ano 1999, comandados só por Álvaro, que conseguiu a milagre de manter viva a esencia do son de Los Secretos ao longo de todos estes anos).

O concerto está previsto para as 21.00 horas na praza da Boqueira da Negral. Abéirase ao ciclo A Orixe que organiza A Pousada da Galiza Imaxinaria coa colaboración do Concello de Boiro. As entradas pódense mercar na plataforma TeuTicket ou (presencialmente) nas sedes boirenses da Pousada da Galiza Imaxinaria e a tenda Baldani.