
O Concello de Boiro levou a cabo nos últimos meses obras de mantemento e mellora nas dúas escolas infantís do municipio, na de Saltiño e na de praia Xardín. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, visitaron as actuacións realizadas.
Na escola infantil do Saltiño, con 31 prazas, leváronse a cabo obras por un investimento superior aos 35 mil euros para a realización de melloras na estrutura e tamén no interior.
Na escola de Praia Xardín, que conta con 100 prazas e comparte edificio co Centro de Dia, rematouse nesta anualidade o cambio das ventás en aulas e cociña, traballos de carpintería interior nas aulas, instalación de pérgolas de acceso, melloras na iluminación e outras obras de mantemento.
En ambas as dúas escolas se realizaron tamén actuacións de mellora a seguridade viaria e realizouse un investimento total duns 124.000 euros nas anualidades 2025 e 2026.




