Últimas prazas para participar na modalidade de escolares da carreira Sin-Son 10K

23 Novembro 2026

Xa van quedando menos prazas para a categoría de Escolares da carreira Sin-Son 10K do Porto do Son, un dos grandes acontecementos deportivos desta tempada de pre-Nadal tanto a nivel comarcal como galego e mesmo estatal. Segundo puidemos comprobar dende este medio, este luns 23 de novembro xa estaban cubertas 390 das 500 prazas dispoñíbeis nesta modalidade.

As inscricións están abertas ata o 13 de decembro (ou ata o intre en que se cubran todas as prazas) a través da web Emesports.es. O proceso é gratuíto para todos os escolares. A Sin-Son da rapazada será o sábado 19 de decembro a partir das 17:00 h na zona portuaria de Portosín, incluíndose un total de 6 categorías por idades (desde Chupete ata Sub 16). As saídas terán lugar de xeito graduado cada 15 minutos desde a zona portuaria.

Ao día seguinte, domingo 20 de decembro, celebrarase a carreira popular Sin-Son 10K, unha cita que reunirá a deportistas maiores de idade nun percorrido de 10 quilómetros entre Portosín e O Porto do Son e que está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo. A saída da proba absoluta está prevista para as 11:00 horas desde Portosín, con chegada ao Porto do Son. O circuíto constará dun primeiro tramo urbano de 3,55 quilómetros en Portosín con outros 6,45 quilómetros pola estrada AC-550 ata alcanzar a meta, situada na zona portuaria do Porto do Son.

A Sin-Son 10K repartirá premios en metálico para os cinco primeiros postos da clasificación xeral: 500 euros para o primeiro clasificado, 400 euros para o segundo, 300 euros para o terceiro, 200 euros para o cuarto e 100 euros para o quinto.

Así mesmo, haberá premios específicos para os tres primeiros corredores locais, tanto homes como mulleres, que cumpran os requisitos establecidos no regulamento.

Respecto dos resultados da edición 2025 da proba, na carreira absoluta do domingo (10 quilómetros entre Portosín e Porto do Son), o vencedor na modalidade masculina foi Ero Doce, do Club Atletismo Narón, cun tempo de 28 minutos e 45 segundos, seguido a algo máis de medio minuto por David de la Fuente e Adrián Ben (padriño da proba), a 42 segundos do primeiro.

Na modalidade feminina, a vencedora foi Sandra González cun tempo de 35 minutos e 13 segundos, seguida a 16 segundos por Lamyae Himi, e a 24 segundos por Sabela Martínez.

Os mellores deportistas locais foron Abel Vila e Laura Vila, con 32 minutos e 50 segundos e 41 minutos e 52 segundos, respectivamente.

Máis información en sin-son10k.com e en portodoson.gal.

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.