
O Concello de Outes, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres) ofrécelles ás familias con menores de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos, o servizo de conciliación Tempo de Nadal 2026-2027, que forma parte do programa Outes Concilia e que se dirixe a facilitar nas vindeiras vacacións a compatibilidade (nas familias) entre a actividade laboral das nais e dos pais e o tempo de lecer da rapazada.
Celebrarase os días 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e os días 4, 5 e 7 de xaneiro, en horario de 8.00 a 16.00 horas.
As actividades levaranse a cabo no CEIP Plurilingüe de Outes.
As prazas son limitadas. A inscrición estará aberta dende hoxe ata o 3 de decembro ás 15.00 horas.
Máis información e folla de inscrición en outes.gal.




