“O Cara ao Sol dun franquismo trasnoitado” – Antón Luaces

14 Outubro 2025

O 20 de novembro van cumprirse 50 anos da morte na cama e (segundo din) a carón do brazo incorrupto de Santa Teresa de Xesús, de Francisco Franco, xefe do Estado español pola graza da Igrexa, o Exército e a oligarquía (que non do pobo español, porque durante o franquismo non se celebrou unha soa elección). En 39 anos non se atoparon atallos para unha volta á democracia, motivo fundamental para que á morte do xeneral ferrolán este deixara vacante o cargo que posteriormente pasou a desempeñar Juan Carlos de Borbón, designado previamente por Franco Príncipe de España, a título de Rei. 

Morreu, xa que logo, un  dos golpistas do 18 de xullo de 1936; mais quedou unha ben asentada base (ou reservorio) franquista que agroma na España de 2025 con ondear de bandeiras inconstitucionais, o saúdo fascista e o canto ben aprendido do “Cara al sol” que conleva unha camisa nova bordada en roxo nun  lonxano onte e que, na última fin de semana cantaron en Vitoria (como en contadas ocasións puideron facelo aló) un grupo de nostálxicos e uns desnortados xoves que, a falta de mellores causas, feriron 19 ertzainas e 20 deles pasaron a dependencias policiais no denominado Día da Hispanidade.

É, na miña opinión persoal, un agromar franquista trasnoitado porque, por unha banda, poucos ou ningún dos “carasoleiros” vitorianos tiveron a oportunidade de cantar porque si o que fora himno de Falange Española de las JONS e canto nacional durante o franquismo que tiña,(e ten) música do compositor guipuscoano Juan Tellería e letra de José Antonio Primo de Rivera e Agustín de Foxá. 

Após a guerra civil, “Cara al sol” foi un dos himnos oficiais franquistas, agora redivivo grazas ás camadas de nostálxicos que coñeceron de lonxe o franquismo e os mozos que aprenderon música e letra como na miña xeración aprendiamos o “Deus te salve, María” en latín e sen saber que diciamos.

É todo ese desandar consecuencia do non goberno da dereita ou da disconformidade expresa da estrema dereita cun sistema no que a maioría da poboación vira as costas aos seus cantos de serea?. 

Sexa como sexa estes cantos teñen unha música que trae recendos de unto vello e verzas resecas das que a avoa Maripepa dicía “verzas que non has comer, déixaas cocer”. 

E haberá, ou?. 

Os tempos piden entendérmonos e deixarnos de cantos ao sol.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...