“Mañá podería producirse unha nova tentativa de asalto a Ceuta e Melilla”. Antón Luaces

22 Setembro 2026

As autoridades españolas agoiran unha nova tentativa de asalto masivo á fronteira de Ceuta mañá, mércores, cadrando coas eleccións lexislativas en Marrocos. A embaixada española en Rabat xa avisou ao Goberno deste país desa posibilade -segundo explican medios marroquís- e dende este domingo van reforzar a seguridade no valado. Case dous meses dempois do paso irregular dunhas 70.000 persoas os pasados 30 e 31 de xullo, o enclave español de Castillejos comezou a semana con ao menos catro canóns de auga a presión, uns corenta cuarteis policiais e centos de axentes de diversos corpos montando garda. Ao lado marroquí tamén blindan a fronteira e os camiños dende Tánger están plagados de controis policiais, unidades militares e patrullas da xendarmaría en cada desvío. De feito hai numerosos axentes de paisano que paran e identifican a tódolos xoves. O luns haberá ata 3.000 efectivos depregados que se acubillarán temporalmente nas naves jndustriais valeiras da zona. Ante o crecente cerco, moitos  migrantes subsaharianos agóchanse nois bosques  de Belyunes á espera de que se calme a situación. No que atinxe á poboación marroquí, están volvendo a verse mensaxes en redes sociais que animan a outro asalto para traspasar a fronteira o mércore, aproveitando que as autoridades do país estarán entradas en garantir a seguridade durante as eleccións. 

A embaixada española en Rabat prohibe con mensaxes en redes sociais avisando de que entrar irregularmente en España por Ceuta e Melilla non da dereito a acceder á península, a permanecer en España nin a pasar libremente á Unión Europea, As autoridades españolas advirten aos xoves marroquís que teñan tentación de cruzar, non se deixen enganar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.