Kaydy Cain, prato forte da nova edición do Rompetiño Jump en Porto do Son

30 Agosto 2021

Quen queira cultura urbana e tomarlle o pulso ás máis punteiras creativas creativas e deportivas da nosa mocidade, mellor que non ande moi lonxe de Porto do Son a vindeira fin de semana. De feito, a vila acolle a celebración dun dos eventos xuvenís máis destacados da tempada en Galicia, a nova edición do Rompetiño Jump, que se celebra entre o 3 e o 5 de setembro (de venres a domingo, sendo as dúas primeiras xornadas as adicadas á música). As entradas para participar nas actividades están á venda xa na plataforma Woutik. Acudirán artistas como por exemplo Kaydy Cain, Delaossa Picasso, Mayo 214, Dirty Porko ou Israel B.

O venres 3 dará comezo o festival ás 15.00 da tarde cunha Rock Session que se estenderá até as 17.00, intre no que arrincarán as actuacións de artistas urbanos como J Dose ou Dirty Porko, entre outros. Ás 23.00 horas chegarán un dos cumios do programa do certame, cunha sesión musical a cargo do artista madrileño Kaydy Cain, cabeza do cartel do Rompetiño e un dos grandes referentes actuais da música urbana. Actuará xusto despois de DJ Mil e coas actuacións de Mayo 214, Face e Dirty Porko xa rematadas. A música volverá o sábado 4 de setembro dende as 15.00 da tarde até as 2.30 horas da madrugada (os dous días).

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.