Os vindeiros 6 e 7 de setembro (sábado e domingo) vaise celebrar en Porto do Son a Copa do Concello Memorial Emilio García, na que se enfrontarán, no Campo de Fútbol Municipal do mesmo nome, cinco equipos da contorna: o Nebra CF, o Lousame Veteranos CF, o Porto do Son...
O Concello de Muros reclama ao Arcebispado 378.000 € para recuperar a capela de San Pedro
O Concello de Muros vén de avanzar na conservación do seu patrimonio. A alcaldesa, María Lago, ditou unha resolución pola que se reclama ao Arcebispado de Santiago de Compostela o pagamento de 378.000 €, cantidade establecida nun informe pericial encargado polo propio...
Un roteiro nocturno une o Abrigo das Cruces coa Laxe das Rodas en Louro
O Concello de Muros vén de poñer en marcha unha das novidades da programación turística deste verán: un roteiro nocturno que enlaza a estación de arte rupestre do Abrigo das Cruces coa coñecida Laxe das Rodas, en Louro. A actividade, organizada pola Concellaría de...
En marcha unha plataforma cidadá que informa en tempo real sobre a vaga de lumes en Galicia: Incendios.gal
O pasado 17 de agosto lanzouse Incendios.gal, unha plataforma colaborativa e cidadá creada polo deseñador web Anxo Sánchez para Orgullo Galego para, nas súas palabras, “dar resposta inmediata á vaga de lumes que está a afectar Galicia neste verán”. Segundo explica, o...
O luns nas Rías Baixas e Santiago: mañá gris con brétemas e melloría pola tarde
Galicia quedará este luns nunha situación intermedia entre as altas presións situadas ao oeste das Azores e unha profunda borrasca ao oeste de Irlanda. A xornada comezará con abundante nube baixa e brétemas, especialmente na metade norte e oeste da comunidade. Co...
A praza do Concello de Boiro ateigouse para o sorteo final da campaña “Boiro, Compras con Corazón”
Boiro viviu este sábado 23 de agosto unha noite inesquecíbel coa celebración do sorteo final da campaña Boiro, Compras con Corazón, impulsada pola Asociación Boirense de Empresas (ABE). Máis de 4.000 persoas ateigaron a praza do Concello para gozar dun evento que...
Castiñeiras recupera a procesión marítima da Virxe do Carme tras case unha década
A parroquia de Castiñeiras celebrou este domingo un dos momentos máis emotivos das súas Festas do Verán 2025 coa homenaxe á Virxe do Carme, que volveu saír en procesión marítima despois de preto de dez anos. A xornada comezou cunha misa solemne na Igrexa do Bo Pastor,...
O Mirfak revalida triunfo no XI Trofeo Pitusa Sabín 2025– Regata Mar de Finisterre
A Ría de Muros e Noia volveu ser escenario dun gran espectáculo náutico coa celebración do Trofeo Pitusa Sabín – Regata Mar de #Finisterre, organizado polo Real Club Náutico de Portosín. A pesar de que a segunda xornada comezou con néboa, baixas temperaturas e...
Éxito de participación no XI Torneo de Golf Congalsa en Boiro
O Torneo de Golf Congalsa celebrou esta fin de semana a súa undécima edición no campo de Barbanza Golf (Boiro), consolidándose como unha das citas deportivas de referencia en Galicia. Máis dun centenar de xogadores participaron nunha competición que se prolongou...
Domingo 24, traerá tempo variable a Galicia con risco de chuvascos treboentos no interior
Este festivo , San Bartolomé apóstol, teremos néboas e nubes baixas canto máis ao oeste, onde non se descarta algún orballo puntual á primeira hora. Pola tarde, tendencia á apertura de grandes claros na franxa atlántica, quedando máis nubes na metade norte, no...
Un grupo de candorcas accede á Ría de Arousa e causa problemas en dúas embarcacións con tripulación na Illa e en Ribeira
Salvamento Marítimo lanzou un chamamento á precaución tras detectarse novas interaccións e avistamentos de candorcas en augas da ría de Arousa. O organismo pide ás embarcacións que navegan pola zona que extremen as medidas de seguridade e sigan os protocolos...
Catro ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para dotar de aparcamento ao Hospital Clínico de Santiago
Das 4 ofertas presentadas a este contrato, licitado por un orzamento de preto de 2,7M€, 3 delas están conformadas por UTE, sumando un total de 9 empresas. Unha vez formalizado o contrato, o documento definitivo do PIA deberá entregarse no prazo de 12 meses. De xeito...
UCIN Boiro denuncia cortes de auga continuos e reclama transparencia ao goberno local
A agrupación política UCIN Boiro criticou este a xestión do goberno local socialista ante os cortes de subministro de auga que se veñen producindo no municipio durante o verán. Segundo a formación, os veciños e turistas están a sufrir interrupcións “sen previo aviso,...
Portosín celebrou o Festival e Degustación Azul 2025 cunha xornada de sabor, homenaxe e música
Portosín viviu este sábado 23 de agosto unha das súas grandes citas festivas do verán coa celebración do Festival e Degustación Azul 2025, un evento que combina gastronomía, cultura, humor e música en torno á marca Azul de Portosín, impulsada pola Confraría de...
Portosín abre a Regata Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín con cambios de última hora polo avistamento de candorcas
As candorcas comprometeron a regata longa e por motivos de seguridadeo Real de Portosín cambiou o percorrido A localidade de Portosín converteuse esta fin de semana no epicentro da vela pesada en Galicia coa celebración da Regata Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa...
A XI Festa do Polbo de Palmeira arrinca cun pregón cheo de emoción e identidade mariñeira
A parroquia de Palmeira inaugurou este sábado a súa XI Festa do Polbo cun pregón da artista local Teresa Argibay, quen puxo en valor a tradición mariñeira, cultural e gastronómica da vila. Definiu Palmeira como “balcón da ría, terra e mar” e como unha “vila...
O BNG conmemora o Día da Galiza Mártir cun Roteiro da Memoria en Ribeira
Ribeira acolleu este venres 23 de agosto a conmemoración do Día da Galiza Mártir, unha xornada organizada polo BNG en colaboración coa Asociación da Memoria Histórica do Barbanza, que contou cun roteiro con catro paradas desde a rúa Alexandre Bóveda ata o monumento ás...
O CEIP de Portosín incorpórase ao rede de centros educativos plurilingües de Galicia
O sistema educativo galego contará este novo curso escolar con 522 centros educativos plurilingües, un programa da Xunta de Galicia de participación voluntaria que volve medrar un curso máis. En concreto, un total de 16 centros escolares súmanse á iniciativa da...
Arrinca en Noia a edición 2025 das Festas de San Bartolomeu
Na mañá deste 22 de agosto arrincaron oficialmente as Festas de San Bartolomeu, edición 2025, e fixérono da man da Banda de Música de Noia, que está a celebrar os seus 135 anos de historia e que deleitou a veciños e visitantes, esta mañá, cunha ruada e asumiu a honra...
O Concello de Rianxo aproba a convocatoria das axudas para compra de material escolar
A xunta de Goberno local do Concello de Rianxo vén de aprobar as bases da convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado de Educación Infantil e Ensino Obrigatorio do municipio. A contía máxima das axudas será de 300€ para...
Sábado 23, sol e temperaturas en ascenso nas Rías Baixas e en Santiago
Galicia continuará este sábado, Santa Rosa de Lima, baixo a influencia das altas presións, o que permitirá gozar dun tempo estable e maioritariamente despexado. Nas Rías Baixas, a xornada comezará con ceos limpos, agás algunhas néboas costeiras que poderán aparecer a...
Ribeira chama ao consumo responsable da auga e lembra que no verán duplica o seu gasto
O Concello de Ribeira fixo este venres un chamamento á veciñanza para manter un consumo responsable da auga, especialmente durante o verán, cando o consumo se duplica con respecto ao inverno. Na rolda de prensa participaron a concelleira de Servizos Municipais, Tania...
Mar achegou 466.000 euros á Confraría de Muros nos últimos tres anos para a mellora de equipamentos
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo este venres 22 de agosto un encontro con responsábeis da Confraría de Pescadores de Muros co obxectivo de analizar as demandas dos traballadores do mar da zona. Suárez destacou "o diálogo...
Ribeira inaugura a cuarta Feira Gastromar poñendo en valor o produto do mar e a sustentabilidade
A praza de España de Ribeira acolle desde este venres 22 e ata o domingo a IV edición da Feira Gastromar, un evento gastronómico organizado pola patronal local (AER) que se consolida como escaparate dos produtos do mar da ría e que pon o acento na sustentabilidade e...
Cartel de luxo este sábado na saída do XI Trofeo Pitusa Sabín
Juan Caballero (texto e fotos). Cartel de luxo o que estará na saída da XXXVII edición da Mar de Finisterre – XI Trofeo Pitusa Sabín, que organiza esta fin de semana o Real Club Náutico Portosín. En total, máis dunha trintena de veleiros tomarán parte na gran cita...
As bibliotecas de Boiro contarán con actividades do programa Ler Conta Moito
As bibliotecas municipais do Concello de Boiro contarán nos meses de setembro e outubro con actividades do programa Ler Conta Moito promovido pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura) para a dinamización da lectura. A Axencia de Lectura Municipal de Escarabote...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo
Se echan de menos los contrapesos que actúen a tiempo con neutralidad y profesionalidad. No hay verdadero interés por acabar con la corrupción a pesar qué según datos, España tiene más órganos de control que cualquier país de la UE. Las escaramuzas que de vez en cundo...
“María de León, la elegancia de hacer felices a los demás”. Alberto Barciela
María de León llegó a Redondela con su espíritu cautivador, revestida por una elegancia personal serena, auténtica, y por lo mismo segura de su sabiduría elegante. Los que hemos leído su último libro no podíamos esperar otra cosa de un ser para el que “vivir con...
“15 Estados membros da UE reclaman unha reforma da fiscalidade do tabaco”. Antón Luaces
España, xunto con outros catorce países membros esixen á Comisión Europea unha reforma urxente da actual directiva sobre fiscalidade do tabaco, urxente desde 2011, Os ministros de Finanzas destes países -entre eles a vicepresidenta primeira do Goberno español, María...
“Amigos” – Xulio Xiz
Teño 2.905 amigos virtuais, e nalgúns casos coinciden con persoas que coñezo e coas que me sinto identificado, pero na maioría son amizades novas, que a tecnoloxía facilita, e que se lles chama amigos aínda que ben seguro non cheguemos a vernos en directo na maioría...
“Un alcalde para recordar” – Manuel Domínguez
Todo un ejemplo de dignidad y valores humanos. Quiero hablar del alcalde de Ribeira. José Martínez Fernández, nombrado hijo predilecto el 13 julio 1919. No quiero mencionar sus logros políticos, quiero hablar del cómo son sus valores humanos, alejados más allá de la...



























