UCIN Boiro denuncia cortes de auga continuos e reclama transparencia ao goberno local

23 Agosto 2025

A agrupación política UCIN Boiro criticou este a xestión do goberno local socialista ante os cortes de subministro de auga que se veñen producindo no municipio durante o verán. Segundo a formación, os veciños e turistas están a sufrir interrupcións “sen previo aviso, sen horarios definidos e sen explicacións oficiais”, ao tempo que seguen recibindo os recibos municipais.

UCIN asegura que a situación está a afectar a familias, establecementos de hostalaría e aloxamentos turísticos, cun impacto negativo tamén na imaxe de Boiro como destino vacacional.

A formación esixe ao executivo local que ofreza explicacións públicas sobre as causas dos cortes, que publique de forma periódica os niveis de auga dos depósitos municipais e que estableza un plan de comunicación con avisos previos e notificacións en tempo real. Reclaman tamén que se permita á cidadanía comprobar directamente o estado dos depósitos.

“Os veciños pagan os seus impostos e merecen servizos dignos, non escusas nin silencios”, sinalou UCIN, que acusa ao goberno local de “deixadez” e comprométese a seguir defendendo o dereito da veciñanza a servizos públicos fiables e de calidade.

Foto UCIN

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.