O Mirfak revalida triunfo no XI Trofeo Pitusa Sabín 2025– Regata Mar de Finisterre

24 Agosto 2025

A Ría de Muros e Noia volveu ser escenario dun gran espectáculo náutico coa celebración do Trofeo Pitusa Sabín – Regata Mar de #Finisterre, organizado polo Real Club Náutico de Portosín. A pesar de que a segunda xornada comezou con néboa, baixas temperaturas e ausencia de vento, a competición logrou completar todas as probas previstas para a clase Open e unha máis para os ORC, antes de que a bruma regresase e reducise de novo a visibilidade.

O campo de regatas ofreceu un amplo abanico de condicións, pasando da calma absoluta a refachos de ata 12 nós, o que permitiu disputar dous barlovento-sotavento en Cruceiro.

Resultados deportivos

En ORC 1-3, o Mirfak, patroneado por Diego López e pertencente á Armada Española en Ferrol, volveu impoñerse alzándose co título, do mesmo xeito que en 2024. Seguíronlle o Urbapaz, de Fran Edreira (CN Cabanas), e o Bon III, de Víctor Carrión (CN Punta Lagoa).

En ORC 4-5, o vencedor foi o Bacor, de Francisco Javier Villaamil, do club anfitrión de Portosín, seguido do Deep Blue, de Vicente Cid (RCN Vigo), e o Monterrei, de Paula Fernández, tamén de Portosín.

Na clase Open, o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar (CN Arousa Norte), confirmou o seu liderado adxudicándose o título. Segundo foi o Ou Montaraz, de José Carlos Costas (RCN Portosín), e terceiro o Monte Ulía, de Eduardo Arán (tamén de Portosín).

Competición de alto nivel

O Trofeo Pitusa Sabín forma parte dos calendarios oficiais das Reais Federacións Española e Galega de Vela, sendo puntuable para a Copa de Galicia de Clubs, o Trofeo Presidente Xunta de Galicia – Circuito de Alto Nivel e a Clasificatoria Galega para o Campionato de España de Cruceiros. O Mirfak, tras as súas vitorias na Regata Infanta Elena e en Portosín, colócase á fronte do Trofeo Presidente e do propio Campionato de España.

Acto de clausura

A entrega de premios celebrouse na sede do club coa presenza dos patrocinadores, Dominga (Pitusa) Sabín e Jacinto Hernández, e representantes institucionais como Pepa Castro (vicepresidenta do club), Carlos Lorenzo (concelleiro de Deportes de Porto do Son), Juan Sanmartín Ferreiro (director de Portos de Galicia), María Mar Ferreiro Broz (Xunta de Galicia), o patrón maior Isaac Gaciño e varios directivos do RCNP.

O evento volveu poñer en valor o apoio do patrocinio privado e das institucións públicas, que fan posible que a ría siga acollendo competicións de máximo nivel deportivo e de gran atractivo turístico.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

A ría de Noia acolle este sábado a XXIV Travesía Solidaria a Nado

Este sábado 15 de agosto, a ría de Noia volverá acoller unha das citas con máis tradición do calendario deportivo da comarca: a XXIV Travesía Solidaria a Nado de ADECO-DEA. Trátase dunha xornada para gozar do deporte e "sobre todo para seguir facendo da inclusión e do...

+

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.