Valentín García presenta nas Cancelas (Santiago) a xira dos Bolechas polos centros comerciais galegos

26 Novembro 2026

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, incidiu hoxe na importancia do novo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega para reforzar “a presenza do galego naqueles espazos específicos nos que socializa a mocidade e onde acoden as familias tamén no seu tempo de lecer”. Fíxoo durante a presentación no Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela, da campaña Os Bolechas nos centros comerciais, que se desenvolverá durante os vindeiros días en varias cidades galegas.

Tal e como explicou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, esta proposta forma parte das 50 primeiras medidas que a Xunta de Galicia xa está poñendo en marcha nos primeiros cen días desde a aprobación do Plan no Parlamento de Galicia. Neste senso, o secretario xeral da Lingua precisou que a proposta enmárcase con dúas liñas de actuación recollidas nesta folla de ruta e que teñen que ver, por unha banda, co eido económico, e, por outro, coa transmisión patrimonial do idioma.

“Esta é unha proposta coa que fomentamos a lingua a través da publicidade en medios e espazos comerciais ao tempo que incorporamos propostas culturais en galego aos ámbitos de lecer”, apuntou Valentín García.

Así, os bonecos, asentados xa entre o público familiar e “asociados ao lecer e ao uso do galego”, explicou Valentín García, visitarán durante as campañas comerciais do Black Friday e de Nadal, dúas épocas de especial afluencia de visitantes nestas áreas, varios centros nos que tamén agasallarán a cativada con libros infantís en galego. Trátase de Vialia, en Vigo, o 28 de novembro; As Termas, en Lugo, o 5 de decembro; As Cancelas, en Santiago de Compostela, o 12 de decembro; Ponte Vella, en Ourense, o 19 de decembro, e O Corte Inglés de Catro Camiños, na Coruña, o 23 de decembro.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...