Sábado 23, sol e temperaturas en ascenso nas Rías Baixas e en Santiago

22 Agosto 2025

Galicia continuará este sábado, Santa Rosa de Lima, baixo a influencia das altas presións, o que permitirá gozar dun tempo estable e maioritariamente despexado.

Nas Rías Baixas, a xornada comezará con ceos limpos, agás algunhas néboas costeiras que poderán aparecer a primeiras horas. Pola tarde poderán crecer nubes de evolución na metade sur, sen consecuencias destacables. Xa entrada a noite, espérase a chegada de brétemas ao litoral oeste. As temperaturas subirán lixeiramente, cunha sensación máis calorosa en comparación co día anterior, ideal para actividades ao aire libre e praia.

En Santiago de Compostela e na comarca, as néboas matinais disiparanse con rapidez, deixando paso a un día radiante de sol. As máximas experimentarán unha subida moderada, favorecendo un ambiente agradable durante boa parte da xornada.

No referente ao vento, soprarán do nordés pola mañá e irán virando a compoñente oeste durante a tarde, en xeral frouxos, aínda que con intervalos moderados no mar.

En resumo, tanto en Santiago como nas Rías Baixas agárdase un sábado de tempo estable, con ceos despexados, máis calor e condicións favorables.

O domingo pola mañá os ceos estarán máis nubrados canto máis ao oeste, onde non se descarta algún orballo puntual á primeira hora.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e do oeste á tarde e á noite, forza 1 a 2. Mar rizado. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e á noite e 0.5 a 1.5 metros á tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.