A alcaldesa de Ribeira comprométese a valorar a renovación da rede de subministro na contorna da Carroucha

14 Outubro 2026

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Ramón Doval, reuníronse na mañá de hoxe con preto dunha trintena de veciños e veciñas da contorna da rúa Carroucha e da Carqueixa para avaliar melloras a acometer na zona, principalmente, en materia de servizos básicos.

Nesta xuntanza, a rexedora comprometeuse a valorar a redacción e posterior execución dun proxecto de renovación da rede de subministro de auga para solucionar os cortes de auga que se producen pola rotura das canalizacións de fibrocemento existentes e, ademais, poder incrementar a presión de auga na contorna. A mandataria local indicou que, para tal fin, avaliarase a liña de financiación: contar coa axuda dalgunha outra Administración pública ou con cargo ás arcas municipais.

Outros dos asuntos que tamén se expuxeron por parte dos residentes foi a necesidade de mellorar a recollida de pluviais, posíbeis cambios de contedores do lixo e requirir a roza de fincas privadas.

Sampedro manifestou que “a acción deste goberno municipal fundaméntase na escoita activa da cidadanía para mellorar a súa calidade de vida. Estando a pé de rúa con eles coñecemos mellor as necesidades de cada lugar e aquí é preciso actuar para a mellora do subministro de auga”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.