En Noia, convocado un curso para introducirnos na lingua e na cultura de Galicia

14 Outubro 2026

O Concello de Noia, a través do Servizo de Normalización Lingüística e ao abeiro dos programas da Secretaría Xeral da Lingua (Xunta), organiza un novo curso gratuíto de introdución á lingua e á cultura galegas, especialmente pensado para persoas que se achegan por primeira vez ao noso idioma, particularmente aquelas que proceden doutras comunidades ou países.

Durante as 20 horas de formación, as persoas participantes aprenderán nocións básicas de galego e descubrirán aspectos da nosa cultura, como a música, as festas, a gastronomía ou as tradicións.

As clases levaranse a cabo no Edificio Casino de Noia, 2º andar. Desenvolveranse do 20 de outubro ao 19 de novembro, martes e xoves, en horario de 17:00 a 19:00 horas. Convocaranse 20 prazas, para persoas maiores de 16 anos. As inscricións están abertas, sendo a data límite a do 19 de outubro (no Rexistro do Concello e por orde solicitude). Para máis información cómpre chamar ao 981 824 169 (Casa da Cultura). Non se precisan coñecementos previos e todos os materiais están incluídos. “Trátase dunha oportunidade para aprender a nosa lingua, descubrir a nosa cultura e facilitar a integración de quen chega a Galicia”, informou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.