
Os vindeiros 6 e 7 de setembro (sábado e domingo) vaise celebrar en Porto do Son a Copa do Concello Memorial Emilio García, na que se enfrontarán, no Campo de Fútbol Municipal do mesmo nome, cinco equipos da contorna: o Nebra CF, o Lousame Veteranos CF, o Porto do Son CF, a Unión Deportiva Queiruga e o Xuño SD.
Os partidos terán a seguinte cronoloxía:
-Veteranos
6 de setembro >> 18:00 horas
Nebra CF vs Lousame Veteranos C.F.
-Sénior![]()
7 de setembro
17:30h
Porto do Son CF vs U.D. Queiruga
18:30h
UD Queiruga vs SD Xuño
19:30h
Xuño SD vs Porto do Son CF
Na memoria de Emilio García
O 7 de febreiro de 2009 falecía en Porto do Son, aos 77 anos, o fundador, ex-presidente e ex-tesoureiro do Porto do Son Club de Fútbol, Emilio García, quen previamente fora un dos principais impulsores do Atalaia. García recibiu importantes homenaxes do seu pobo polas súas importantes e imprescindíbeis contribucións ao deporte ao longo das pasadas décadas. Conta cun busto no campo do Preguntoiro.



