Venres 16, a nebulosidade irá en aumento co paso das horas e o vento do nordés intensificarase cara á noite

15 Outubro 2026

Este venres 16, comezará con bancos de néboa en zonas do interior, ceos cubertos por nubes baixas na franxa norte de Galicia e nubes altas no resto do territorio. A medida que avance a xornada, a nubosidade irá a máis en toda a xeografía galega, dando paso a precipitacións a partir da tarde que terán maior probabilidade e incidencia no terzo norte.

Os termómetros rexistrarán un descenso xeneralizado, cunha caída máis acusada nas temperaturas máximas(23 graos). Pola súa banda, o vento soprará frouxo de compoñente nordés durante a primeira metade do día, mais irá gañando forza conforme se achegue a noite, momento no que se prevén intervalos moderados no interior e refachos fortes no litoral.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do nordés á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 4 á tarde e 5 a 6 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.