Prosegue con Peter Punk (en San Pedro) o III Ciclo Cultural Itinerante do Porto do Son

15 Outubro 2026

O III Ciclo Cultural Infantil Itinerante impulsado polo Concello do Porto do Son (Concellaría de Cultura) prosegue esta fin de semana cunha nova actuación. Será este domingo 18 de outubro da man do pallaso Peter Punk na Casa da Cultura de San Pedro, a partir das 18.00 horas.

Para quen non o saiba, Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto. A compañía Peter Punk Pallaso nace arredor de 2003, creando o seu primeiro espectáculo e traballando con diversas distribuidoras. Formouse como clown e artista circense con mestres como Leo Bassi, Jango Edwards, Johny Melville, Antón Valén, Chaco Vachi, Darío Levin, Patch Adams, Walter Velázquez…

Hoxe conta con cinco espectáculos en distribución.

Como dixemos, o III Ciclo Cultural Infantil Itinerante vén da man da Área de Cultura do Concello do Porto do Son, en colaboración coa Rede de Cultura da Deputación da Coruña. Ata o 29 de novembro, a rapazada do concello e da comarca poderá gozar dunha nova alternativa de ocio local, totalmente de balde e accesíbel para todos os públicos.

Programación pendente

· 18 de outubro

A Casa da Cultura de San Pedro de Muro acollerá a Peter Punk. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 25 de outubro

A Casa da Cultura de Miñortos acollerá a María Faltri. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 1 de novembro

A Casa da Cultura de Baroña acollerá a Caxoto. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 8 de novembro

A Casa da Cultura de Xuño acollerá a Dani Polo. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 15 de novembro

A Casa da Cultura de Queiruga acollerá a Brais das Hortas. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 22 de novembro

A Casa da Cultura de Portosín acollerá ao Teatro Ghazafelhos. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 29 de novembro

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a sesión Dedín, dedín, dedal. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.