O luns nas Rías Baixas e Santiago: mañá gris con brétemas e melloría pola tarde

24 Agosto 2025

Galicia quedará este luns nunha situación intermedia entre as altas presións situadas ao oeste das Azores e unha profunda borrasca ao oeste de Irlanda.

A xornada comezará con abundante nube baixa e brétemas, especialmente na metade norte e oeste da comunidade. Co avance do día, os ceos tenderán a abrirse con grandes claros, mentres que no interior aparecerán nubes de evolución, aínda que sen maiores consecuencias.

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán levemente. O vento soprará frouxo do oeste-noroeste, virando a suroeste cara ao final da xornada.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 3.5 a 4 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.