Domingo 24, traerá tempo variable a Galicia con risco de chuvascos treboentos no interior

23 Agosto 2025

 Este festivo , San Bartolomé apóstol, teremos néboas e nubes baixas canto máis ao oeste, onde non se descarta algún orballo puntual á primeira hora. Pola tarde, tendencia á apertura de grandes claros na franxa atlántica, quedando máis nubes na metade norte, no interior crecerán nubes de evolución sen descartar chuvascos treboentos en zonas altas. Temperaturas mínimas en ascenso, máximas sen cambios con lixeiros descensos na metade oeste(28-30 graos). O vento soprará frouxo do norte-noroeste en xeral, moderado nas Rías Baixas pola tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar rizado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.