A Secretaría da Lingua convoca por 2ª vez os exames CELGA en liña e co dobre de prazas

15 Outubro 2026

A Xunta, a través da Secretaría Xeral da Lingua, convocou por segunda vez os exames CELGA en liña: a adaptación ao formato dixital e a distancia das probas de acreditación de coñecemento da lingua galega. Faino tralo éxito da primeira experiencia realizada o ano pasado e incrementando as prazas nesta edición de 100 a 200.

Así o publica hoxe o Diario Oficial de Galicia que establece a data de realización das probas que certifican o dominio da lingua galega para o nivel 4 o 27 novembro.

Con esta convocatoria, a Secretaría Xeral da Lingua (coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA), facilita o acceso aos exames para todas aquelas persoas que non poidan acudir de maneira presencial nos lugares e datas fixadas. Así, deberán inscribirse nun prazo de dez días hábiles, a partir do día seguinte da súa súa publicación, a través da sede electrónica da Xunta, ademais de presentar tamén a solicitude na plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua.

Dende o departamento que dirixe Valentín García lembran que “para realizar os exames, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun ordenador con conexión a Internet e unha cámara web, á que accederá o sistema durante o tempo que dure a proba en liña co obxecto de verificar que a persoa a realiza de xeito autónomo e sen axudas externas”.

De igual maneira, as persoas interesadas deberán contar cun micrófono para a gravación de voz e altofalantes. Ademais, é necesario facer a proba cun teléfono móbil, xa que permitirá controlar o posto no que a persoa realiza o exame desde un segundo punto de vista diferente ao obtido pola propia cámara web do ordenador.

No caso de que haxa máis peticións que prazas dispoñíbeis, a asignación levarase a cabo a través dun sorteo aleatorio, sen prioridade por orde de chegada, a partir da relación de persoas solicitantes, que se realizará nun acto público o 4 de novembro no salón de actos da sede da Secretaría Xeral da Lingua.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.