“Amigos” – Xulio Xiz

24 Xuño 2025

Teño 2.905 amigos virtuais, e nalgúns casos coinciden con persoas que coñezo e coas que me sinto identificado, pero na maioría son amizades novas, que a tecnoloxía facilita, e que se lles chama amigos aínda que ben seguro non cheguemos a vernos en directo na maioría dos casos.

Como Internet é un mundo paralelo sen distancias nin tempo, as peticións de amizade prodúcense en calquera momento e desde os lugares máis lonxanos, obrigando a discriminar prudencialmente, quedando sen cristalizar peticións non abondo identificadas, ou manifestamente distantes nas intencións, aceptando só as que teñen visos de normalidade, xa non digamos de utilidade amical. Pero ás peticións de persoas amistosas únese o automatismo do sistema, de xeito que che poden pedir ou suxerir amizade persoas non existentes ou camufladas, que a saber de onde veñen ou que pretenden. Unha das últimas que recibo, acompañada da foto de Díaz Pardo, ven de “Isaac Sargadelos”, o que é imposible de por si, e se o primeiro que pensei é que era un intento de enganar, ben pode ser homenaxe á memoria de Isaac.

E hai un par de semanas recibo a suxestión de amizade da Alcaldía de Lugo, o que me coloca na dobre disxuntiva de aceptar ser amigo da institución ou da persoa, ou de considerar foi un erro do sistema ou de quen manexe os fíos das relacións municipais na percura de novas canles de comunicación para a política actual.

Se aos amigos físicos só os vexo de cando en cando, aos virtuais préstolles non moita atención, contentándome con compartir con eles pensamentos coma estes. Claro que para iso están os amigos: para sintonizar e soportar.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.