Cartel de luxo este sábado na saída do XI Trofeo Pitusa Sabín

22 Agosto 2025

Juan Caballero (texto e fotos). Cartel de luxo o que estará na saída da XXXVII edición da Mar de Finisterre – XI Trofeo Pitusa Sabín, que organiza esta fin de semana o Real Club Náutico Portosín. En total, máis dunha trintena de veleiros tomarán parte na gran cita velística da ría de Muros e Noia, dos que 19 fano en ORC e 13 en Open, puntuando para a Copa de Galicia de Clubs, Clasificatoria Galega para o Campionato de España de Cruceiros e Puntuable para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia Circuito Alto Nivel.

Contarase con unidades como o Urbapaz, de Fran Edreira, do Club Náutico de Cabanas, que se presenta na comarca como vixente gañador da 62ª Regata Rías Baixas, que organizou ata o pasado domingo o Real Club Náutico de Vigo. Edreira gañou a súa combinada ORC 1-2 e a xeral. Outra das credenciais preséntaas o Deep Blue, de Vicente Cid, do náutico da cidade da oliveira, primeiro tamén no Rías na súa División ORC 3.

Outro dos grandes favoritos e que non deixa de sorprender polos seus éxitos deportivos é o barco da Armada Española, o Mirfak, patroneado por Diego López, da Comisión Naval de Regatas de Ferrol, que se fixo co triunfo da Regata Infanta Elena, do Náutico da Coruña, primeira das cinco que compoñen o Trofeo Presidente e das que Portosín é a terceira. A segunda, organizada polo Club Náutico Ría de Ares foi precisamente para o Urbapaz.

Mirfak chega tamén co trofeo nas mans da Regata de Cruceiros de Aguete, que gañou levándose a primeira proba do Campionato de España, da que Portosín tamén forma parte, conxuntamente co Club de Iates de Baiona.

Pero sen dúbida, o favorito local e cun brillante palmarés nas súas vitrinas, é o Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez, que defende a grímpola do Real de Portosín, do mesmo xeito que o Escora, de Miguel Reboreda, ou O Montaraz, de José Carlos Costas, entre outros.

Mirfak, Urbapaz e Deep Blue

Desde a ría de Vigo tamén chegan barcos como o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Punta Lagoa; o Exit Manitú, de Emilio Lago, do Liceo Marítimo de Bouzas; ou o Orión, de Alberto Pérez e o Sara 3.0, de Rafael Blanco, ambos os do Monte Real Club de Iates de Baiona.

Emoción á Pitusa Sabín, sen ningunha dúbida, a que lle achega o Nortemar-Peperetes, de José Manuel Millán, do Real Club de Regatas de Galicia, que practicamente o está gañando todo; así como o Lambaix, de Antonio Ríos, de Cabanas; o Alcaraván III, de Pablo García-Arenal, de Portosín; o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro; ou o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte.

O top de saída está previsto ás 12 da mañá para os ORC que, dependendo das condicións de mar e vento, tentarán chegar ata a enseada de Fisterra, co labor de virar o mítico faro do Carrumeiro Chico, na entrada da ría de Corcubión, con 35 millas náuticas, entre a subida e a baixada. A previsión é dunha compoñente moi frouxa, estando nos plans do comité recortar o percorrido costeiro ata as proximidades dos baixos de Miñarzos, situados máis ao norte da ría. Os Open teñen programado o bocinazo a continuación, trazando unha travesía entre boias polo seu interior.

O domingo a saída será unha hora antes, contorna ás 11 da mañá. Primeiro para os Open, noutra regata costeira interior. E seguido para os ORC, que terán programadas dúas probas ao vento, os clásicos barlovento-sotavento. Non se darán saídas máis tarde da tres e media, sendo a entrega ás 17.30, coa presenza dos patrocinadores, Dominga Sabín (Pitusa) e Jacinto Hernández.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.