A XI Festa do Polbo de Palmeira arrinca cun pregón cheo de emoción e identidade mariñeira

23 Agosto 2025

A parroquia de Palmeira inaugurou este sábado a súa XI Festa do Polbo cun pregón da artista local Teresa Argibay, quen puxo en valor a tradición mariñeira, cultural e gastronómica da vila. Definiu Palmeira como “balcón da ría, terra e mar” e como unha “vila acolledora, farturenta, traballadora, empática, conciliadora e universal”.

C.R.

No seu discurso, Argibay salientou o polbo como produto estrela da gastronomía galega, símbolo de unión e identidade. Ademais, lembrou o seu peso económico e cultural, desde o sostemento do emprego na pesca artesanal e na hostalaría ata a súa presenza na arte e na tradición popular.

O pregón concluíu cun chamamento á festa e á convivencia: “Palmeirenses, a festa empezou: música, maestro! Tentoso, polbeiro! Comede ben e bebede mellor, pero con sentidiño!”.

Pola súa parte, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou que esta celebración “é unha cita gastronómica xa consolidada en Galicia, que serve para dinamizar a parroquia e poñer en valor os produtos do mar”. O rexedor anunciou que este ano se servirán preto dunha tonelada de polbo, preparado polo recoñecido polbeiro Manuel Veloso, ademais doutras opcións gastronómicas como empanadas, mexillóns ou churrasco, todo a prezos populares.

A festa, que se prolongará durante toda a xornada, inclúe tamén programación musical e actividades pensadas para veciños e visitantes, coa intención de converter Palmeira nun espazo de encontro e celebración arredor do mellor sabor do mar.

C.R.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.