Arrinca en Noia a edición 2025 das Festas de San Bartolomeu

22 Agosto 2025

Na mañá deste 22 de agosto arrincaron oficialmente as Festas de San Bartolomeu, edición 2025, e fixérono da man da Banda de Música de Noia, que está a celebrar os seus 135 anos de historia e que deleitou a veciños e visitantes, esta mañá, cunha ruada e asumiu a honra de dar o pregón na edición deste ano.

As festas celebraranse do 22 ao 26 de agosto cunha axenda de actividades ampliada respecto ás propostas avanzadas en semanas anteriores e introducindo cambios de localización nalgunhas das actividades máis destacadas.

Así, a programación inclúe unha importante presenza de artistas locais, como é o caso do grupo noiés As Lens que actuará o luns 25 ás 22:00h na praza do Tapal, ou a aparición do grupo de Cantos de Taberna Troula na Barquiña, encargados de animar a mañá do martes 26 polo centro histórico da localidade.

Outro dos cambios máis importantes afecta á actuación dos muradáns The Rapants e 9Louro, que por motivos de seguridade trasladarase ao patio do IES Campo de San Alberto. A cita, programada para o domingo 24 ás 22:00 horas, converterase nun dos pratos fortes desta edición. A entrada será de balde, con apertura de portas ás 20:30 horas e acceso libre ata completar aforo.

Máis actividades relevantes

O sábado 23 de agosto os protagonistas serán Óscar Ibañez & Tibo (na praza do Tapal a partir das 21.30 horas) e a Orquestra París de Noia (na Alameda ás 22.30 horas).

O domingo 24 de agosto, Día de San Bartolomeu, a música virá da man da Orquestra Tubo (na Alameda ás 21.00 horas) e dos muradáns The Rapants (no Tapal a partir das 22.00 horas).

O luns 25 de agosto, Día de San Lois, actuarán a Orquestra Combo Dominicano (na Alameda ás 21.30 horas) e Disco Móbil Chocolate (na Alameda ás 23.30 horas).

O martes 26 a vertente musical virá da man de A Misela (ás 21.00 horas no Curro) e da Orquestra Marbella (ás 22h na Alameda). Ás 0.00 será a quenda dos fogos artificiais, dende o peirao do Marqués.

O venres 29 de agosto celebrarase o Entroido de Verán e o domingo 31 a Escola de Danza Oitos representará o espectáculo As Portas do Mar (ás 20.00 horas no Coliseo Noela).

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.