
O Concello de Muros informa do comezo das actividades 2026/27 na piscina dentro do programa Vida Activa +65, dirixido ás persoas maiores de 65 anos para mellorar a súa calidade de vida e a súa autonomía.
“Coidar a saúde e o benestar das persoas maiores é fundamental para nós e procuramos organizar todo o ano iniciativas para que o consigan, impulsando un envellecemento activo”, informou o concelleiro de Servizos Sociais, Mario Martínez Lago.
“No caso da piscina, son actividades coas que promovemos a actividade física e mental nun entorno adaptado e seguro”, engadiu pola súa parte Damián Torea, concelleiro de Deportes.
As actividades comezan o 2 de novembro e serán os martes e os xoves de 10:00 a 10:45 horas.
O prazo para inscribirse remata o 23 outubro e pódese facer acudindo ás oficinas de Servizos Sociais ou chamando ao número de teléfono 981 762 465.



