O Concello de Muros reclama ao Arcebispado 378.000 € para recuperar a capela de San Pedro

25 Agosto 2025

O Concello de Muros vén de avanzar na conservación do seu patrimonio. A alcaldesa, María Lago, ditou unha resolución pola que se reclama ao Arcebispado de Santiago de Compostela o pagamento de 378.000 €, cantidade establecida nun informe pericial encargado polo propio Concello, co obxectivo de “acometer as obras de rehabilitación da capela de San Pedro”. Dende o Goberno local lembran que este histórico inmóbel sufriu un derrube en Nadal de 2022 tras a caída dun muro do cemiterio parroquial. “Dende aquela, o conxunto histórico permanece pechado por motivos de seguridade, malia tratarse dunha xoia patrimonial que forma parte da memoria e identidade de Muros”, recordan.

Ao longo destes dous anos e medio, o Concello ditou diversas ordes de execución instando ao Arcebispado a recuperar o espazo, tal e como determinou tamén a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Porén, “ante a falta de resposta suficiente por parte da Igrexa”, engaden dende o Consistorio, “decidimos recorrer á vía da execución subsidiaria”.

O conxunto da capela nunha imaxe de Manuel Candamo para La Voz de Galicia

Segundo explicou a alcaldesa María Lago, “estamos a falar dun ben histórico de todos e todas as muradás, que non pode quedar abandonado. A veciñanza merece que se poña en valor un espazo que forma parte da nosa historia e da nosa identidade”.

A resolución municipal establece que o Concello poderá acometer as obras necesarias, mais antes debe garantir o cobro da súa contía. “Non se trata dunha cuestión menor nin dun capricho municipal. É unha obriga legal do Arcebispado, e o Concello vai esixir o seu cumprimento para que Muros non perda un patrimonio que é de todos”, engadiu Lago, sinalando que na actualidade, malia algunhas limpezas puntuais feitas no camposanto, “o acceso ao recinto segue a ser inseguro e o estado das sepulturas dificulta a execución das obras”.

A rexedora conclúe: “Defender o noso patrimonio é defender a nosa cultura e os dereitos da veciñanza. Non imos permitir que se perda unha parte esencial da historia de Muros”.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.