“15 Estados membros da UE reclaman unha reforma da fiscalidade do tabaco”. Antón Luaces

24 Xuño 2025

España, xunto con outros catorce países membros esixen á Comisión Europea unha reforma urxente da actual directiva sobre fiscalidade do tabaco, urxente desde 2011, Os ministros de Finanzas destes países -entre eles a vicepresidenta primeira do Goberno español, María Jesús Montero- remitiron unha carta a Úrsula von der Layen  na que reclaman unha suba sen precedentes dos impostos ao tabaco en pleno repunte  deste (vapeadores e tabaco quente).

Unha armonización fiscal europea que permita a reforma sen precedentes da Directiva sobre Impostos Especiais do Tabaco (TED) en pitillos, tabaco de liar, puros, pitillos electrónicos, tabaco quentado e bulsiñas de nicotina.

Un documento filtrado pola axencia italiana Ansa detalla un aumento de impostos dun 139% nos pitillos convencionais, un 258% para o tabaco de liar e 1.090% no caso dos puros.

Son malas novas para os fumadores en todas as súas vertentes. A Comisión Europea ten riba da mesa unha suba que implicaría un incremento medio de 1,40 euros por paquete, o que podería levar a que os dalgunhas marcas ou labores acaden os 7 euros en todos os países.

Segundo cifras oficiais, en 2024 consumíronse 38.900 millóns de pitillos ilegais na UE, o que representa un 9,2% do total e ocasionou unha perda de 14.900 millóns de impostos.

O Plan Antitabaco sae adiante  co apoio das comunidades autónomas do PP que aparcan o seu enfrontamento con Sanidade.     

Segundo un informe elaborado para Philips Morris International, en 2024 consumíronse 38.900 millóns de cigarros na UE, xerando perdas fiscais por importe de 14.200 millóns de euros.

Outros artigos

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

+

“Toni Cruz, juna audiencia en el más allá”. Alberto Barciela

Llegó a decir Valle-Inclán: “catalán de navegantes, gallego de labradores...”. Hay un vínculo natural entre lo mediterráneo y lo atlántico, entre el occidente y el oriente de esa España multi cultural, poliédrica, en la que los extremos parecen unirse para acordar lo...

+

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

“Vacacións” – Xulio Xiz

“Vacacións” – Xulio Xiz

Hai uns días caeron sobre as nosas cabezas puñadas de xeo que estouraban no chan como balazos. Eran as dúas da madrugada, e o fenómeno aconteceu polas terras de Begonte sen que chegase a Lugo. A descarga poñía remate a temperaturas que facían suar os reloxios dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.