
Biansi Nadieska, de 34 anos, é, polo de agora, a última vítima por asasinato machista. Foi en Bilbao este xoves, acoitelada no seu domicilio presuntamente pola súa exparella. Morreu no hospital de Cruces a consecuencia das feridas. Os seus fillos, de catro e seis anos, foron testemuñas do crime. Con este caso, xa son 50 as mullere asasinadas en España por violencia de xénero durante o ano 2026.
Coa confirmación polo Ministerio de Igualdade deste caso, xa son 1.391 as vítimas deste tipo de crime rexistradas en España desde 2003, cando se comezaron a recompilar estes datos.
Biansi Nadieska, de nacionalidade española, tiña unha filla e un fillo menores de idade (4 e 6 anos) que se atopaban no domicilio no momento dos feitos, polo que o número de nenos menores de idade orfos a causa da violencia de xénero no noso país ascende a 42 en 2026 e 552 desde o ano 2013.
O presunto agresor, tamén de nacionalidade española, é un home de 47 anos que mantivo unha relación sentimental coa vítima e que tiña unha orde de alonxamento vixente, aínda que convivía con ela.
Tanto a muller asasinada como a súa exparella contaban, ao parecer, con antecedentes por violencia de xénero e violencia doméstica, e existían denuncias contra do presunto agresor.
O presidente do Goberno e a ministra de Igualdade laiáronse da morte de Biansi en senllas publicacións, nas que pediron unión “fronte ao terrorismo machista”.
A violencia machista pegou duramente na semana do 25 de novembro, día este de carácter internacional a prol da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Esta nova morte cadra no tempo coa negativa dun dos partidos que mañá, domingo, se presentan ás eleccións xerais 2026n e que onte pola noite se negou explícitamente a condear a violencia machista malia seren requeridos polo candidato doutro dos partidos participantes no debate a catro retransmitido por distintas cadeas de televisión en España.
Asasinar mulleres resulta ben doado en España, un país que, ata non vai moitos anos xustificaba a agresión da muller pola súa parella baixo o pensamento de que “algo faría”. Todo isto sen que as autoridades policiais e xudiciais chegaran a intervir e, en moitos casos, nen sequera as sobreviventes chegaran a formular denuncias pola violencia machista.





