As bibliotecas de Boiro contarán con actividades do programa Ler Conta Moito

22 Agosto 2025

As bibliotecas municipais do Concello de Boiro contarán nos meses de setembro e outubro con actividades do programa Ler Conta Moito promovido pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura) para a dinamización da lectura.

A Axencia de Lectura Municipal de Escarabote contará coa actividade Os contos da leiteira o vindeiro 28 de agosto ás 12.00 horas; O grúfalo de Carmen Domenech o 4 de setembro ás 20.00 horas; e Circo na biblioteca de Daniel Blanco o 11 de setembro ás 20.00 horas.

Na Biblioteca Municipal de Boiro, que provisionalmente se atopa no Centro Social de Boiro, o 3 de outubro ás 20.00 horas terá lugar A historia máis monstruosa de Proyecto Bululú SL; o 10 de outubro ás 20.00 horas Contos con xeito de Bea Campos; e o 11 de outubro ás 12.00 horas A cabeza aos pés de Charo Pita.

Ler Conta Moito ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios.

A contadora, actriz e directora teatral Bea Campos

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.