Castiñeiras recupera a procesión marítima da Virxe do Carme tras case unha década

24 Agosto 2025

A parroquia de Castiñeiras celebrou este domingo un dos momentos máis emotivos das súas Festas do Verán 2025 coa homenaxe á Virxe do Carme, que volveu saír en procesión marítima despois de preto de dez anos.

A xornada comezou cunha misa solemne na Igrexa do Bo Pastor, presidida polo párroco Ricardo Villaverde e amenizada polo coro parroquial e o grupo de gaitas Salgueiriños, que puxeron a nota musical cunha emocionante interpretación da Salve Mariñeira. Entre os fieis congregados atopábanse tamén representantes institucionais, como o alcalde, Luís Pérez, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, e outros edís da Corporación Municipal.

Procesión polas rúas e regreso ao mar

Tras a misa, a imaxe da Virxe percorreu en procesión as rúas máis céntricas de Castiñeiras ata chegar ao porto, onde foi embarcada nun catamarán con capacidade para 120 persoas, habilitado este ano por iniciativa da Concellería de Mar, dirixida por Fernando Abraldes, atendendo á petición da veciñanza.

Acompañada por numerosas embarcacións, a Virxe navegou ata a altura da Ameixida, onde se celebrou a tradicional ofrenda floral en memoria dos mariñeiros desaparecidos. De regreso ao peirao, a imaxe foi trasladada de novo á igrexa parroquial, entre os aplausos e a emoción dos asistentes.

Un reencontro moi esperado

A recuperación da procesión marítima supuxo un fito para a parroquia, que levaba case unha década sen poder celebrar esta tradición tan arraigada. Os veciños destacaron a importancia de volver ver á súa patroa navegando pola ría, nun acto que mesturou fe, memoria e identidade mariñeira.

As Festas do Verán de Castiñeiras, que se iniciaron o venres co día do Sagrado Corazón e continuaron o sábado coa honra a San Cristovo, pechan así unha fin de semana chea de tradición e participación veciñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.