Portosín abre a Regata Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín con cambios de última hora polo avistamento de candorcas

23 Agosto 2025

As candorcas comprometeron a regata longa e por motivos de seguridadeo Real de Portosín cambiou o percorrido

A localidade de Portosín converteuse esta fin de semana no epicentro da vela pesada en Galicia coa celebración da Regata Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín, organizada polo Real Club Náutico sonense. A cita, puntuable para a Copa de Galicia de Clubes, o Trofeo Presidente Xunta de Galicia – Circuito de Alto Nivel e tamén clasificatoria para o Campionato de España de Cruceiros, reuniu preto de 40 embarcacións de gran nivel competitivo.

Fotos: Juan Caballero

A xornada do sábado estaba prevista como unha travesía de 35 millas náuticas ata a enseada de Fisterra, pasando polo Carrumeiro Chico. Porén, a escasa previsión de vento e, sobre todo, o avistamento de candorcas nas proximidades de Corrubedo, obrigaron ao comité, presidido por Sergio del Río e co oficial principal Juan Insua, a modificar o percorrido e limitar a proba ao interior da ría de Muros e Noia.

Os Open competiron segundo o trazado establecido nas instrucións de regata, mentres que os ORC tiveron que completar un circuíto semellante pero con dúas voltas. O vento, estable do suroeste con 6-8 nós, permitiu o desenvolvemento normal da proba.

No apartado deportivo, o Urbapaz, de Fran Edreira (CN Cabanas), destacou sobre o Mirfak, de Diego López (Armada Española, Ferrol). Ambos chegan empatados tras repartirse os triunfos nas dúas primeiras citas do Trofeo Presidente Xunta de Galicia. O Bon III, de Víctor Carrión (CN Punta Lagoa), ocupa a terceira posición tanto na xeral de ORC como na combinada 1-3.

En ORC 4-5, a vitoria foi para o Bacor, de Francisco Villamil (CN Portosín), seguido do Deep Blue, de Vicente Cid (RCN Vigo), e do Monterrei, de Paula Fernández (CN Portosín). Nos Open, lidera o Camping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar (CN Arousa Norte), por diante de O Montaráz, de José Carlos Costas (Portosín), e do Monte Ulía, de Eduardo Arán (Portosín).

A competición continúa este domingo, cunha saída prevista ás 11:00 horas. Os Open disputarán unha regata costeira no interior da ría, mentres que os ORC afrontarán dúas probas barlovento-sotavento. A entrega de premios está programada para as 17:30 horas nas instalacións do club anfitrión.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.