Éxito de participación no XI Torneo de Golf Congalsa en Boiro

24 Agosto 2025

O Torneo de Golf Congalsa celebrou esta fin de semana a súa undécima edición no campo de Barbanza Golf (Boiro), consolidándose como unha das citas deportivas de referencia en Galicia. Máis dun centenar de xogadores participaron nunha competición que se prolongou durante tres xornadas, do 22 ao 24 de agosto, nun ambiente marcado polo espírito deportivo e a convivencia.

O evento, que combina deporte, ocio e proxección turística, reforza o compromiso de Congalsa co fomento dos valores de esforzo, superación e compañeirismo, así como co apoio decidido ao deporte local.

Durante a entrega de premios, a xefa de Relacións Externas da compañía, Ana Garrido, subliñou que “o deporte é un gran transmisor de valores e unha fonte de inspiración tamén para as organizacións”. Engadiu que “respaldar o deporte local é unha seña de identidade de Congalsa, renovando en cada edición o compromiso coa comarca e cos hábitos de vida saudables”.

As boas condicións meteorolóxicas permitiron que os participantes amosaran o seu mellor xogo nun campo en estado óptimo. A competición organizouse en distintas categorías, recoñecendo tanto a xogadores amateurs como a golfistas máis experimentados.

Palmarés XI Torneo de Golf Congalsa

  • Categoría absoluta: campión Alfonso Sande Insua (40 puntos brutos) e subcampión José Manuel Caamaño Castro (39 puntos).
  • Mellor hándicap: David Rey García (43 puntos netos); subcampión Francisco Graña Vinagrz (41).
  • Categoría sénior: Francisco Xabier Suárez Redondo (41 netos).
  • Campioa feminina: Chus Bello Martínez (36 netos).
  • Categoría júnior: Lucas Ferro Vigo (37 netos).

Con este novo éxito de participación e organización, o Torneo Congalsa reafírmase como un evento imprescindible no calendario deportivo da comarca do Barbanza e un motor para a promoción do golf en Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...