Catro ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para dotar de aparcamento ao Hospital Clínico de Santiago

23 Agosto 2025

Das 4 ofertas presentadas a este contrato, licitado por un orzamento de preto de 2,7M€, 3 delas están conformadas por UTE, sumando un total de 9 empresas.

Unha vez formalizado o contrato, o documento definitivo do PIA deberá entregarse no prazo de 12 meses. De xeito paralelo, tamén se avanzará nos proxectos de execución de aparcamento no heliporto, no de urbanización da mellora da conexión do hospital na Choupana, no relativo ao viario e nos dos aparcamentos previstos.

A redacción do PIA realizarase en base a unha serie de documentos técnicos, como o Estudo de mobilidade e aparcamento, elaborado pola Xunta, cun diagnóstico dos problemas de mobilidade na zona do hospital; o Estudo Previo de mellora de Accesos ao CHUS, cunha proposta de ordenación viaria; ou as actuacións propostas polo Concello.

Colaboración

As intervencións a acometer enmárcanse no convenio de colaboración asinado en agosto de 2024 entre as Consellerías de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Sanidade, Medio Ambiente, e o Concello de Santiago de Compostela.

A Xunta asumirá o 90% dos custes de ordenación do ámbito hospitalario e dos accesos, anticipando a contratación dun aparcadoiro accesible ao carón do complexo e a mellora do acceso dende a rúa Volta do Castro. O Goberno galego financiará o 80% das obras e achegará 3,5M€ a obras municipais de saneamento e abastecemento.

Pola súa banda, o Concello financiará nun 20% as obras necesarias e aplicará a bonificación do 95% na liquidación do imposto sobre construcións, obras e instalacións derivadas das actuacións promovidas polo Sergas ao abeiro deste convenio.

Urbanización, accesos e aparcamento

O Proxecto de Interese Autonómico funcionará como ferramenta clave para acadar tres obxectivos estratéxicos: a urbanización da contorna hospitalaria, a reordenación dos viarios e accesos e a habilitación de áreas de aparcamento.

En relación á urbanización, reformularanse os percorridos para acadar espazos fluídos e libres do tránsito e estacionamento. Prevese eliminar o peche perimetral do CHUS e introducir zonas verdes para reforzar a humanización da zona. Ademais reordenarase o espazo libre conformado polo CHUS, o Hospital Gil Casares e o Centro de Protonterapia, como praza pública e acceso peonil, cun tránsito preferente dos vehículos sanitarios, do transporte público, e con puntos para parada e descenso de doentes acompañados.

En canto aos accesos, establecerase unha circulación perimetral á parcela hospitalaria. Así, separaríanse aos usuarios con estancias medias ou prolongadas, que requiren aparcar e desprazarse a pé, dos que precisan realizar unha parada rápida, como os casos de emerxencias ou mobilidade reducida. Proponse crear un novo vial de acceso ao noroeste do complexo que une o Periférico e a avenida Mestre Mateo. Tamén se mellorarán os accesos rodados ao sur e sueste desde a rúa da Choupana, onde existe unha media rotonda que deberá rematarse para distribuír circulacións. As intervencións anteriores deberían minorar o tráfico rodado dende a avenida de Barcelona, podendo ademais canalizar os percorridos vehiculares a ambos lados.

Finalmente, proxéctanse áreas de aparcamento perimetrais con suficiente capacidade. Estúdanse distintas opcións de aparcadoiro, un no noroeste do complexo, pois ao haber desnivel, permitiría a integración de varias plantas, maiormente soterradas. Tamén se prevé a posibilidade de aparcamento na zona suroeste do edificio principal, onde agora se sitúa o heliporto e un aparcamento en superficie e xunto ao edificio A da ampliación.

Tamén se avalía un aparcadoiro na avenida do Mestre Mateo, próxima ao CHUS, unha opción proposta polo Concello. Podería construírse un aparcamento integrado no desnivel do terreo, que compartiría destino cos usos universitarios próximos.

A Xunta ten en marcha as obras de ampliación do Hospital Clínico, que suporán un investimento de máis de 70,5M€ e aumentarán a superficie actual en case un 30%.

Tamén se segue a avanzar na execución do edificio de Protonterapia, que será un dos piares fundamentais da sanidade galega en materia de tratamento de cancro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.