O BNG conmemora o Día da Galiza Mártir cun Roteiro da Memoria en Ribeira

23 Agosto 2025

Ribeira acolleu este venres 23 de agosto a conmemoración do Día da Galiza Mártir, unha xornada organizada polo BNG en colaboración coa Asociación da Memoria Histórica do Barbanza, que contou cun roteiro con catro paradas desde a rúa Alexandre Bóveda ata o monumento ás persoas represaliadas do Malecón.

O acto estivo marcado pola lembranza dos mártires galegos que “sufriron cárcere, exilio, humillación e morte por defender unha Galiza libre e xusta”, sinalaron as organizacións convocantes. O percorrido simbolizouse coa colocación de lazos e unha ofrenda floral.

O responsábel local do BNG, Rafael Pazos, abriu o roteiro lembrando “a necesidade de manter viva a loita diante do perigoso avance da dereita reaccionaria”. A continuación, a militante Xana Ledo afondou na figura de Alexandre Bóveda e na súa defensa da liberdade real para o pobo galego, lembrando tamén a anulación da súa sentenza condenatoria como cumprimento do acordo de investidura entre BNG e PSOE en Madrid.

Na segunda parada, a concelleira Antía Alberte evocou a figura de Moncho Reboiras pero tamén falou da necesidade de coñecer a nosa historia e abordou esa unión que tiveron Bóveda e Castelao.

Pola súa parte, David González, militante de Galiza Nova, interveu na terceira parada para recuperar a memoria de Lustres Rivas, encarcerado na illa de San Simón, e alertar do avance da dereita entre a mocidade.

Xa na cuarta parada, Xoán Hermida, en representación da Asociación da Memoria Histórica do Barbanza, reclamou a eliminación da simboloxía franquista en rúas e igrexas, así como a reparación da memoria dos represaliados locais como Vicente López Novo ou Enrique Fernández Sendón.

O acto pechouse coa intervención do alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, quen salientou a importancia de “aprender de todos os que forman parte da nosa memoria para avanzar cara unha sociedade máis democrática e tolerante”, adquirindo o compromiso de seguir avanzando na eliminación dos vestixios franquistas.

Ademais, o rexedor lembrou que “os dereitos hai que defendelos sempre e non se poden dar por gañados, xa que pode haber grandes regresións como se ve noutros países. As administracións públicas deben seguir traballando para garantir e reforzar os dereitos democráticos da cidadanía”.

O acto pechouse coa ofrenda floral no monumento que homenaxea ás máis de 150 persoas ribeirenses que sufriron represión e coa interpretación do himno galego.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.