Portosín viviu este sábado 23 de agosto unha das súas grandes citas festivas do verán coa celebración do Festival e Degustación Azul 2025, un evento que combina gastronomía, cultura, humor e música en torno á marca Azul de Portosín, impulsada pola Confraría de Pescadores San Andrés.
A programación arrincou ao mediodía cun showcooking no que se elaborará un menú baseado en peixes azuis locais —sardiña, xurelo, xarda e bocareu— e tamén unha empanada de sardiña. Posteriormente presentouse a nova conserva “Azul de Portosín” e, a continuación, tivo lugar unha homenaxe póstumo a José Blanco Agraso, figura destacada do sector pesqueiro. O toque de humor chegará da man do cómico Pepo Suevos.
Pola noite, a festa trasladouse ao escenario musical co Festival Azul de Portosín, que truxo unha ampla variedade de estilos. Actuan Denis Romero (Fuerza Vital) ás 21:00 horas, Flow del Norte ás 22:00, Los Limones ás 23:00 e La Frontera ás 00:30 horas. O peche correrá a cargo do DJ Jalaiko, que porá ritmo ata a madrugada.

O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Porto do Son, Abanca e Sotavento, e pretende poñer en valor a riqueza da pesca artesanal da ría e dinamizar a vida social e cultural da vila.




