A praza do Concello de Boiro ateigouse para o sorteo final da campaña “Boiro, Compras con Corazón”

24 Agosto 2025

Boiro viviu este sábado 23 de agosto unha noite inesquecíbel coa celebración do sorteo final da campaña Boiro, Compras con Corazón, impulsada pola Asociación Boirense de Empresas (ABE).

Máis de 4.000 persoas ateigaron a praza do Concello para gozar dun evento que superou todas as expectativas.

O acto contou coa presentación excepcional do dúo cómico Mofa e Befa, que arrincou gargalladas e aplausos constantes. A continuación, a música puxo o broche de ouro coa sesión da recoñecida Rapariga DJ, que fixo vibrar ao público despois de ter pasado por escenarios de festivais tan destacados como o Festival Noroeste, Costeira Sonora, Nachiños Fest, Festivais Territorio, FIV ou Osa do Mar.

Durante a xornada, os asistentes gozaron tamén dun completo programa de animación con inchábeis para os máis pequenos, ademais da repartición de máis de 1.000 racións de flocos de millo e lambonadas, 500 mini hamburguesas de mexillón e 500 abanicos conmemorativos da campaña, que deron cor e frescura á calor da tarde.

O momento máis esperado chegou coa entrega dos premios do sorteo, no que cinco persoas resultaron gañadoras dos vales de compra que sumaban en total 5.000 euros para consumir no comercio local de Boiro.

O presidente da ABE, Daniel García, declarou estar “sobrepasado pola impresionante resposta da xente. Nin no mellor dos nosos soños pensabamos que a praza do Concello se ía encher así. Este apoio masivo demostra que o comercio local de Boiro está vivo e conta cun pobo que o respalda”.

Con este peche multitudinario, a campaña Boiro, Compras con Corazón consolídase como unha das iniciativas máis exitosas da ABE, reforzando o seu obxectivo de “dinamizar as rúas e poñer en valor o comercio de proximidade”.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.