A Biblioteca Municipal de Ribeira lanzou a quinta edición do concurso escolar de deseño de marcapáxinas, dirixido a promover a creatividade artística e plástica entre o alumnado de primaria dos centros educativos do municipio a través da elaboración dunha ilustración...
A Semana Santa de Porto do Son volverá facer historia con sete procesións e once pasos
A Confraría da Paixón do Noso Señor e o Concello de Porto do Son presentaron este domingo 15 de marzo o conxunto de actos litúrxicos que se levarán a cabo no municipio durante a Semana Santa 2026. Antes disto, o consiliario e párroco don José Ramón Jorge Mosquera...
Cinema, monólogo e teatro integran a axenda cultural de Ribeira para esta fin de semana
A Concellería de Cultura de Ribeira programa varias actividades para desfrutar desta fin de semana no novo Auditorio Municipal con cinema, monólogo e teatro. "Seguimos dinamizando unha instalación municipal de envergadura así como a vida cultural do municipio con...
Rianxo apúntase ao Bus do Teatro do CDG para asistir en Santiago á representación de “Hamlet”
Dende Área de Cultura do Concello de Rianxo informan á veciñanza dunha nova oportunidade para subir ao Bus do Teatro do Centro Dramático Galego, o CDG. Será en abril, para asistir en Santiago (no Salón Teatro) á representación da nova versión de Hamlet, de William...
Carlos Blanco estará en Rianxo este domingo co seu espectáculo “A penúltima”
Este domingo 22 de marzo o contador, actor e humorista arousán Carlos Blanco estará no Auditorio Municipal de Rianxo para ofrecer ao público local o espectáculo A penúltima. Será a partir das 18.30 horas. As entradas están á venda en Ataquilla.com. Organiza...
Elefante Elegante estrea “Coralinda” este sábado en Rianxo
Este sábado 21 de marzo o Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller a estrea oficial de Coralinda, da compañía Elefante Elegante. Será na Sala Arcos Moldes do Auditorio a partir das 19.00 horas. Trátase dunha peza familiar para crianzas a partir de 3 anos. A entrada é...
Ata 130 alcaldesas e concelleiras de Cabo Verde, Mozambique e Galicia participaron o II Encontro “As Elixidas”, ao que asistiu María Lago (Muros)
Os días 12 e 13 de marzo celebrouse o II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Elixidas”, que reuniu máis de 130 alcaldesas e concelleiras de Cabo Verde, Mozambique e Galicia co fin de fomentar a participación efectiva das mulleres no poder local e impulsar...
Avelino González estará en Ribeira este venres con “Contos que foron chistes”
O narrador, actor e humorista Avelino González vai estar no Auditorio Municipal de Ribeira este venres, día 20 de marzo. Acudirá co espectáculo Contos que foron chistes. Segundo avanza o propio Avelino González, "en todas partes hai moito que contar. Rabuñando un...
A mostra “Luz e compromiso” que rende homenaxe a Isaac Díaz Pardo poderá verse no Casino de Noia até o 10 de abril
O Concello de Noia acolleu este venres 13 de marzo o acto de inauguración da exposición Isaac Díaz Pardo: Luz e compromiso, unha mostra que pon en valor a figura dun dos grandes referentes da cultura galega, Isaac Díaz Pardo. A inauguración (no Edificio Casino de...
Lousame celebrará este mércores o primeiro Día Zernadas de Castro (coa presentación da campaña para promover a súa candidatura ás Letras Galegas de 2027)
O Concello de Lousame presentará esta semana a súa campaña Zernadas de Castro’27, coa que busca promover a candidatura do cura de Fruíme como homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2027, cando se cumprirán os 250 anos do seu pasamento. Unha campaña na que se fará...
A Pobra celebra o Día Mundial da Poesía cun recital aberto á veciñanza
O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará este venres, 20 de marzo, ás 20.00 horas, a terceira edición do seu acto conmemorativo do Día Mundial da Poesía, unha iniciativa que chega tras o éxito das dúas edicións anteriores e co que se busca seguir achegando este...
Uns 150 escolares de Ribeira mergulláronse durante esta semana no mundo do traxe tradicional galego
Dentro do obradoiro do traxe tradicional Cóntoche un traxe para centros educativos organizado pola Concellería de Cultura de Ribeira, uns 150 escolares do CEIP O Grupo asistiron nesta semana ao Museo Municipal para aprender máis sobre o vestiario dos nosos...
Chega a novena edición do festival de poesía “Alguén que respira!”
Do mércores 18 ao sábado 21 de marzo, o Teatro Principal acollerá a novena edición do Alguén que Respira!, o Festival de Poesía para Corpo Principal, unha cita que reunirá en Compostela poetas, artistas, pensadoras e pensadores arredor dun programa que combina...
O Concello de Ribeira entrega os premios dos concursos de disfraces de Entroido
O Concello de Ribeira fixo entrega este venres 13 de marzo das recompensas dos concursos de disfraces do Entroido na súa edición de 2026. O certame contou coa modalidade infantil e adulta (con catro subcategorías), repartindo un total de 2.500 euros en premios. A...
A Pobra recibirá a primavera con música e moito ambiente da man do VIII Pasabares
O inicio da primavera na Pobra estará marcado por unha nova edición do Pasabares. A cita, que chega á súa oitava edición, celebrarase o vindeiro sábado, 21 de marzo. Trátase dun fito que acadará, ademais, cunha boa saúde que se ve reflectida nas cifras de...
Este venres inaugúrase no Casino de Noia a mostra “Isaac Díaz Pardo – Luz e Compromiso”
Este venres, 13 de marzo inaugúrase no Edificio Casino de Noia, ás 20.30 horas, a exposición Isaac Díaz Pardo: Luz e Compromiso. No acto intervirán a concelleira de Cultura, Chelo Martínez Pérez, e Maka Arca, comisaria da exposición. A mostra reúne paneis que...
A Deputación concede case 650 000 euros en axudas a 50 entidades e fundacións culturais
A Deputación da Coruña vén de facer pública a resolución provisional da convocatoria de subvencións do programa FO215, destinado a fundacións, entidades titulares de museos, bibliotecas e organizacións de representación sectorial da cultura galega. Cun investimento...
AMIPA rende homenaxe a Gerardo Lago Piñeiro cunha exposición permanente das pezas de artesanía que cedeu á asociación
Unha sella, un carro de vacas, un arado ou unha grade son algunhas das pezas de artesanía que se poden ver na exposición permanente que montou AMIPA en homenaxe a Gerardo Lago Piñeiro, carpinteiro de 93 anos natural de Sorribas e veciño de Leroño (Rois) que lle cedeu...
A función “Vaites rapariga!” chega este venres ao Centro Social de Abanqueiro
O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) acolle este venres 13 de marzo a función Vaites, rapariga!, de Tarabela Creativa. O espectáculo, unha función para público adulto, dará comezo ás 21.00 horas. As entradas estarán dispoñíbeis para o público dende unha hora antes da...
Ángela Ríos é a primeira muller que deseña o cartel das Festas de Pascua de Padrón
Un nome propio feminino destaca este ano na Pascua de Padrón, que se celebra do 27 de marzo ao 12 de abril. Ángela Ríos Martínez, avogada de Extramundi de 24 anos, é a primeira muller que deseña o cartel anunciador dunha das festas máis senlleiras de Galicia e que,...
A Federación de Librarías e a Xunta comparten o calendario das feiras do libro deste ano (en Rianxo do 23 ao 26 de xullo)
Este xoves 12 de marzo presentouse o calendario das Feiras do Libro de 2026, no que colaboran a Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia, e que este ano percorrerá 13 municipios galegos desde o 23 de abril e ata o 29 de agosto dando lugar a máis de 80...
A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o 19 de abril o espectáculo musical “Abril”
A Casa da Cultura de Porto do son acollerá o xoves 19 de abril (ás 19:00 horas) o espectáculo Abril, incluído na rede cultural da Deputación da Coruña. Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) integran este proxecto no que melodías...
Boiro presenta o seu programa de actividades da Semana Santa 2026
O Concello de Boiro colabora coa Irmandade do Cristo da Misericordia na celebración dos actos da Semana Santa 2026 en Boiro e que está previsto que se desenvolvan entre o 21 de marzo e o 5 de abril. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este mércores 11...
O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para sufragar os custes do persoal de museos
A entrada do Pazo de Goiáns, en Boiro O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 36.000 euros para financiar os gastos de persoal técnico de atención a museos durante o ano 2026. Esta axuda vaise destinar ao servizo prestado no...
Volve a Rianxo o programa formativo da USC para maiores: Camiños de Coñecemento e Experiencia
Volve a Rianxo o programa de formación para maiores da Universidade de Santiago en colaboración cos concellos: Camiños de Coñecemento e Experiencia – IV Ciclo. O Concello de Rianxo acolle unha nova edición deste programa de formación universitaria dirixido a persoas...
A Pobra impulsa unha nova edición de “Xoga ao baile deportivo” da man do Taller Alecrín
O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 10 de marzo o programa Xoga ao Baile Deportivo, unha iniciativa posta en marcha polo Taller Alecrín en colaboración coa Concellería de Cultura e a ANPA do Colexio Banda Seca. A actividade terá lugar no CEP...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
A arte ourensá de non morrer”. Lois Alcayde Dans
Coincidiume o outro día, mentres atendía á televisión, ver ao mesmo tempo no meu móbil unha información de estas que son coñecidas antes de coñecelas. Os galegos estamos acostumados a isto porque somos un lugar xeograficamente pequeno e xa andamos moi, moi de volta...
“Nunha feira calquera”. Luís Celeiro
En lembranza da calor destes días, vamos seguir dándolle voltas aos cambios meteorolóxicos, dosque xa se ten falado, debatido e opinado en miles de ocasións distintas. Antes era moi frecuentefalar do tempo nas tabernas, nos bares da esquina, ao saír do traballo, da...
“Hai que botalos xa¡ !A todos¡, proposta de Abascal, de VOX”. Antón Luaces
O último balanzo oficial eleva a case 100 o número de mjgrantes mortos, segundo a información facilitada pola delegación do Goberno en Ceuta, que asegura que traballan para acelerar os expedientes das persoas que entraron de xeito irregular na cidade autónoma o pasado...
“España ante su frontera más estratégica”. José Luis Calo
La crisis vivida en Ceuta no puede analizarse únicamente desde el prisma de lainmigración. Hacerlo sería simplificar un problema que tiene profundas implicacionesgeopolíticas, económicas y de seguridad. Cuando decenas de miles de personas logranatravesar en pocas...
“Como durmir nunha casa no porto de Ribeira durante as Festas do Verán e non morrer no intento” – Fernando Sarasketa
Os trailers da orquestra París de Noia chantados na rúa Romero Ortiz o xoves pola tarde Ás veces as cousas que se levan facendo toda a vida e son xa unha tradición arraigada representan un auténtico perigo. Precisamente porque se levan facendo toda a p.... vida son un...



























