
Os decretos de vivenda que o Goberno tenciona aprobar novamente hoxe no Consello de Ministros, poderían ter unha tramitación complicada na Deputación Permanente do Congreso dos Deputados.
Aínda que é legal, o terremoto político xerado a partir do que o citado organismo tombara o venres, os dous decretos de vivenda coa convocatoria de eleccións anticipadas, seguirá a sumar capítulos durante as vindeiras semanas após que o Consello de Ministros aprobe hoxe un novo decreto malia a disolución das Cortes.
O Executivo de Pedro Sánchez tenciona facer da crise da vivenda unha das súas principais bandeiras electorais. E hai quen asegura que vau tentar usar unha estratexia legal para sortear a oposición do Pleno do Congreso, onde o venres non puido aglutinar unha maioría abondo para convalidar os dous decretos.
Coas Cortes disoltas, corresponderá á Deputación Permanente da Cámara Baixa convalidar ou derrogar o texto aprobado polo Consello de Ministros.
Aquí é onde se atopa o cravo ao que o Goberno tenta agarrarse para sacar avante a súa proposta.
A diferencia do Pleno do Congreso na Deoutación Permanente non sería necesario o apoio de Junts para apoiar o decreto. Bastaría o si do PNV (que xa votou a prol do primeiro dos textos que o Ministério da Vivenda e Axenda Urbana elaborou contrarreloxo) que, segundo os expertos do sector inmobiliario suporía “un troco do xogo á metade do partido” que ameazaba tanto á seguridade xurídica como á saída ao mercado de máis oferta de alugueiro, a grande necesidade do mercado ante a alza continuada dos prezos.
O texto que aprobou o Consello de Ministros entraría en vigor sen necesidade de agardar a súa convalidación, aínda que cabe recurso de inconstitucionalidade que debería dirimir o tribunal que preside Cándido Conde-Pumpido mentres permanece vixente.



