Yolanda Carbajales inaugura a mostra “Homenaxe a Isaac Díaz Pardo” o vindeiro 6 de xuño no MUGART de Artes

27 Maio 2026

O Museo do Gravado de Artes (MUGART) vai acoller o vindeiro 6 de xuño a inauguración dunha nova exposición e a presentación dun libro centrados (mostra e libro) na figura de Isaac Díaz Pardo.

En concreto levantarase o pano da mostra Homenaxe a Isaac Díaz Pardo de Yolanda Carbajales, que dá nome tamén a un cartafol para bibliófilos da mesma artista. Será o sábado 6 de xuño na sala 2 do MUGART (Museo do Gravado de Artes) en Ribeira, ás 13.00 h. Poderase ver até o 28 de agosto deste mesmo ano.

Yolanda Carbajales unha artista galega moi recoñecida no ámbito do gravado, quen fixo xa numerosas mostras individuais dende a súa licenciatura en Belas Artes en 1991 e que conta con numerosos premios e distincións, entre os que se poden citar o Premio Atlante do Museo do Gravado de Artes no ano 2014 ou o X Premio de Gravado Cidade de Lleida en 2009.

A súa obra está presente en coleccións públicas e privadas españolas, italianas, polacas e rusas. Ademais, no ano 2018 acadou o certificado de Honra na III Edición Exlibris Competition en Vanne (Bulgaria), pois é esta tamén unha das súas especialidades.

Dende o MUGART explican que “a especialidade artística por excelencia que caracteriza a Yolanda Carbajales é a do gravado á maneira negra, a mezzotinta, unha técnica creada a mediados do século XVII polo alemán Siegen que consiste en granear a prancha metálica de maneira sistemática por medio do berceau, un aparello de aceiro con dentes miúdos que van logo a facilitar que a tinta enchoupe as pequenas indentacións de xeito que se a prancha fose ao tórculo o que obtería sería unha estampa totalmente negra, o negror, o misterio, a negación da luz, para que dende ese absoluto vaia xurdindo a luz, os brancos, pola man da artista creadora, un ir da negación á afirmación da vida (…)”.

Máis de vinte e nove anos de traballo nesta técnica da mezzotinta, que esixe paciencia e habilidade, converten a Yolanda Carbajales nunha artista consolidada e de forma artística, moi definida. “E ocorre”, engaden dende o MUGART, “que a maneira negra vai máis alá da arte da estampa, máis alá das dúas dimensións, ao estar preto da escultura, do táctil, da loita co metal, nun camiño en que a composición, o movemento, se combina coas incisións, co profundamento no material”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...