O Porto do Son pecha o mes de maio con maxia da man do Mago Vituco e Joshua Kenneth

22 Maio 2026

O Porto do Son vai finalizar este mes de maio cun gran broche de outro: cun Ciclo de Maxia que contará coas actuacións do Mago Vituco e máis de Joshua Kenneth, que actuarán na Casa da Cultura os días 23 e 30 de maio, respectivamente, da man da Concellería de Cultura de Porto do Son.

Concretamente, o Mago Vituco actuará o 23 de maio ás 19:30 h co espectáculo A maxia do mago Vituco, un espectáculo que permitirá ao público “participar nunha viaxe escénica onde a emoción, o humor e a sorpresa entrelázanse con naturalidade”.

En palabras do Concello, “cunha linguaxe universal e unha presenza forxada en escenarios de todo o mundo, o espectáculo crea momentos que non só se ven, senón que senten e permanecen na memoria”.

O Mago Vituco é un artista compostelán con máis de vinte anos de experiencia. Destaca polos seus espectáculos de maxia corporativa, grandes superficies e, especialmente, polos seus shows a bordo de cruceiros por todo o mundo, incluíndo rutas por Asia, o Mediterráneo e o Caribe.

As entradas pódense mercar en liña.

Pola súa banda, Joshua Kenneth actuará o 30 de maio ás 19:30 h na Casa da Cultura de Portosín

Joshua Kenneth é un artista internacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia. Participou en programas como Got Talent España ou na famosa serie estadounidense Fool Us de Penn & Teller en Las Vegas. Tamén foi convidado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, en Los Ángeles.

A súa maxia foi recoñecida en importantes competicións de Portugal, Bulgaria e Italia, acadando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa.

A Porto do Son acudirá con Degustación de imposibles, unha obra apta para todos os públicos que se presenta como unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador, convidándoo a entrar nun mundo no que todo pode ser transformado e onde nada é imposíbel.

As entradas xa se poden mercar en liña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...