A Feira do Libro de Noia chega este sábado á súa segunda xornada con mancheas de propostas para todas as idades

23 Maio 2026

Este sábado 23 de maio celébrase a segunda xornada da Feira do Libro de Noia con mancheas de actividades e presentacións para todos os públicos, por exemplo obradoiros creativos e infantís.

A xornada comezou cun obradoiro de marionetas a cargo de Francisco López Cierto, na Alameda, a carón do Consistorio (este domingo 24 de maio será a quenda do obradoiro de banda deseñada que impartirá Fon Barreiro na Alameda, para nenas e nenos de máis de 6 anos, en horario de 12.00 a 13.00 horas e cun número máximo de prazas de 25 rapaces).

A Feira do Libro de Noia 2026 é unha cita cultural que regresa á vila os días 22, 23 e 24 de maio e que está a converter o centro de Noia nun espazo de encontro arredor da lectura, a creatividade e a cultura.

Segundo informou o Goberno local, “a recuperación desta celebración responde á aposta do Concello por impulsar actividades culturais de referencia e por poñer en valor a importancia da lectura como ferramenta fundamental de formación, convivencia e participación social”.

Durante os tres días estanse a desenvolver actividades para todos os públicos, con propostas infantís, obradoiros, música, presentacións e sinaturas de libros, ademais da participación de centros educativos e persoas vinculadas ao ámbito cultural.

As actividades celebraranse diante do Concello, no claustro e no Campo da Feira, creando un ambiente cultural aberto e participativo no corazón da vila.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.