A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

21 Maio 2026
Un dos deseños de María Alborés

Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés Lojo.

Como nos contaban dende as páxinas da revista Elle, María Alborés, nada en Boiro e estudante da Bélgicam en Antwerp Academy preparou o seu traballo de fin de máster: Lost in Tradition, Found in Galicia e a marca francesa Dior reparou nel. Que viu Dior nesta moza? A resposta pode estar na aposta da deseñadora galega pola cestaría, o encaixe de bolillos e as redes de pesca dándolle unha nova interpretación a estes elementos tan nosos e achegándoos á arte dun xeito único.

A artesanía atlántica convértese no eixo do traballo da boirense, na súa colección transforma os oficios da vila que a viu medrar en pezas escultóricas que fixeron que a marca parisiense a elixira para formar parte do seu equipo. Cestos trenzados, cordas, encaixes e fibras naturais forman parte do universo galego que a deseñadora traslada ás súas pezas que formarán parte da casa Dior.

Pór en valor o noso, darnos a coñecer ao resto do mundo e amosar orgullo das nosas raíces son aspectos que María Alborés amosa na súa colección Lost in Tradition, Found in Galicia, unha chiscada de ollo ao filme Lost in Translation, de Sofia Coppola, unha peli de éxito do ano 2003 que falaba de atopar ligazóns inesperadas lonxe do fogar, se cadra o que lle aconteceu á deseñadora galega, foi lonxe da súa terra onde viu a clara conexión da artesanía galega coa linguaxe contemporánea que enfeitizou a Dior.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...