Conciliación, ocio e deportes noutra edición dos campamentos de verán Movida Urbana (O Son)

25 Maio 2026

Outro verán máis, O Porto do Son pon en marcha a iniciativa Movida Urbana, os campamentos de verán de conciliación e de lecer dirixidos á rapazada de entre 3 a 12 anos (nados/as entre 2014 e 2022).

Esta proposta terá lugar do 13 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas, e se levarán a cabo en 3 localizacións: O Porto do Son, Portosín e Xuño.

As familias interesadas poderán anotarse no campamento completo ou na quenda que prefiran: a primeira quenda do 13 ao 31 de xullo e a segunda quenda do 3 ao 14 de agosto.

O formulario de inscrición xa está dispoñíbel para descargar na web municipal e o prazo para anotarse estará aberto desde mañá, 26 de maio, ao 18 de xuño. As solicitudes deberán realizarse a través do rexistro municipal ou da sede electrónica.

O campamento completo (13 xullo ao 14 de agosto) ten un custo de 125 euros; a primeira quenda (13 ao 31 de xullo) de 75 euros; e a segunda quenda (3 agosto ao 14 agosto) de 50 euros.

Haberá bonificacións para segundos irmás, familia numerosa ou persoas usuarias do servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello.

As persoas interesadas poderán obter máis información na Oficina de Deportes, a través do teléfono 981 767 589 ou do enderezo electrónico omix@portodoson.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.