O Elma da Pobra acolle este domingo a representación da comedia “Reunión familiar”

27 Maio 2026

O Cine Elma da Pobra do Caramiñal acollerá este domingo 31 de maio, ás 19.30 horas, a representación da obra teatral Reunión familiar, unha comedia de humor ácido e costumista escrita e dirixida por Lois Basallo.

A función está organizada pola Asociación de Amas de Casa, C. e U. Caramiñas coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal.

A obra sitúa ao público nunha reunión familiar marcada polas discusións, os reproches e as situacións absurdas protagonizadas por unha familia chea de personalidades moi distintas. O encontro, convocado por Ulpiano e Petronila, acaba derivando nun ambiente caótico no que a chegada do novo mozo da neta desencadea unha serie de malentendidos inesperados.

A través do humor e da sátira, Reunión familiar aborda cuestións como os prexuízos, as relacións familiares e a facilidade coa que ás veces se imaxina o peor.

O elenco está formado por Milagros Vázquez, Balbi Hermo, Isabel “A Rolita”, Manolo Paisal, Balbi Diéguez, María Martínez, Mariló Ríos e Lois Dafonte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.