A parroquia de Abanqueiro celebra esta fin de semana a Foliada de Exipto

28 Maio 2026

O Concello de Boiro colabora coa Comisión de Festas de Exipto no desenvolvemento da Foliada de Exipto, que se celebra este sábado 30 de maio. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do programa de actividades xunto cos membros da comisión.

A foliada arrincara ás 19.30 horas e celebrarase na contorna do Centro Social de Abanqueiro. Contará con 12 grupos tradicionais que participarán na foliada e para o remate haberá actuación de DJ Jalaiko. Ademais, como xa é habitual desta foliada, servirase o bocadillo de luras. “O obxectivo desta festa é xuntar aos veciños e recadar cartos para Romaría que se celebra o primeiro domingo de agosto”, afirmou José Manuel Blanco en representación da comisión.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, convidou á veciñanza a achegarse este sábado a Abanqueiro para desfrutar desta foliada e agradeceu a implicación da comisión de festas “porque o seu traballo desinteresado é o que contribúe a manter a tradición das festas nas distintas parroquias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...