O Arquivo Municipal de Ribeira incorpora aos seus fondos un diploma de Salvamento de Náufragos datado en 1911

25 Maio 2026

Un novo ben documental incorpórase ao fondos do Arquivo Municipal de Ribeira. Trátase dun diploma da Sociedade Española de Salvamento de Náufragos datado en 1911 que outorga a medalla de bronce de premio a favor de Epifanio Ventoso, patrón da dorna Sola polo salvamento de tres náufragos da nomeada A usted qué le importa en augas de Ribeira-O Porto do Son no 25 de maio do dito ano.

Este documento estaba no poder do veciño de Corrubedo, Francisco Otero Lijó, quen este luns 25 de maio asinou o documento de doazón coa alcaldesa, María Sampedro.

Do informe de valoración técnica extráese que o seu actual estado é bastante delicado, con deterioro da estrutura interna acusada e unha afectación visual para a súa contemplación moi alterada, segundo explicou o arquiveiro municipal, José Antonio Otero.

Mediante a rúbrica deste escrito, o Arquivo Municipal do Concello de Ribeira comprométese a describir, restaurar e, posteriormente, dixitalizar a documentación para facela pública na páxina web municipal cando se dispoña polo arquivo.

Ademais, como xesto de boa vontade cara ao doante, o Arquivo comprométese a facer unha reprodución do documento doado que lle será entregada.

A rexedora agradeceu a Otero Lijó a súa doazón que “posibilita incrementar os fondos documentais coa implicación da cidadanía”, polo que animou a que máis veciños e veciñas se animen a facer as súas achegas documentais e fotográficas ao Arquivo Municipal.

Avances na dixitalización

O Arquivo Municipal do Concello de Ribeira conta actualmente con 6.572 rexistros descritivos e 175.632 imaxes dixitalizadas, avanzando así no convenio subscrito entre a Administración local e a asociación FamilySearch no 2024.

A finalidade deste proceso é acadar maior seguridade e transparencia na conservación e difusión dos fondos, ademais de ter garantía de preservación da documentación, evitando o manexo manual continuo da mesma e, en consecuencia, o deterioro dos orixinais.

As consultas poden facerse de maneira online a través da web www.arquivo.galiciana.gal ou presencialmente nas dependencias do propio Arquivo Municipal, situado no Centro Cultural Lustres Rivas.

Debido á Lei de protección de datos, hai información con acceso restrinxido por afectar a persoas vivas, sendo de consulta libre unicamente aquela con 100 anos de antigüidade. No caso do acceso restrinxido, as persoas interesadas deberán formular a súa petición a través do Rexistro Xeral.

Entre a documentación figuran licencias de enterramento (acceso libre), expedientes de titularidade de sepultura (acceso restrinxido), quintas (acceso restrinxido), expedientes de prófugos anteriores a 1926 (acceso libre), padróns de alistamento (acceso libre con máis de 100 anos), eleccións (acceso restrinxido), cartas de veciñanza (acceso libre con máis de 100 anos) ou padrón municipal de habitantes de 1981 e 1986 (acceso restrinxido).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...