O CEIP O Grupo celebrou as Letras Galegas con música, xogos e obradoiros

22 Maio 2026

O pasado venres 15 de maio os exteriores do CEIP O Grupo de Ribeira convertéronse nunha gran festa da cultura coa celebración do Día das Letras Galegas impulsada pola ANPA Santa Uxía.

As actividades celebráronse durante toda a tarde e o serán, de 17.00 a 21.00 horas e incluíron inchábeis, animación musical, xogos populares interxeracionais, obradoiros de globoflexia, debuxo e chapas personalizadas (unha exitosa actividade que conseguiu esgotar existencias: 200 unidades) e unha merenda con rosca, zumes e biscoito.

A parte musical veu da man do artista Pakolas, referente do rock en galego para a rapazada, que se implicou co espectáculo Ramona Orbita.

A actividade foi de balde para todos os socios da ANPA e participaron preto de 500 persoas ao longo da tarde entre nenos e as súas familias.

A importante afluencia de nenos e maiores, demostrou, en palabras da organización, “que esta primeira convocatoria da celebración cultural e lúdica resultou un éxito”, polo que dende a ANPA Santa Uxía xa anunciaron que tentarán darlle continuidade todos os anos.

A organización que correu a cargo da ANPA contou coa colaboración da Deputación da Coruña a través da súa liña de subvencións anuais así como do colexio que prestou as instalacións.

Na foto membros da directiva (de esquerda a dereita): Noelia, Sabela, Angel, o presidente, Unai González, o artista Pakolas, Yavanna, María José, Luis e Isabel, encargáronse da organización xunto ao monitorado contratado.

A ANPA anunciou ademais que en breve celebrará unha xornada ambiental en xuño e máis a Festa Fin de Curso, actos nos que se despedirá a actual directiva xa que o venres 29 de maio ás 19 h, no colexio será a asemblea extraordinaria onde se escollerá novo equipo responsábel da asociación ao haber unha única candidatura encabezada por Sabela Cuñarro Fiel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.