Alberto García (Boiro), Sergio Lago e a Deputación presentan o libro “Cultura coas persoas no centro”

27 Maio 2026

A Deputación da Coruña presentou na mañá deste 27 de maio o libro Cultura coas persoas no centro, unha publicación impulsada pola Área de Cultura que ofrece un mapeamento de iniciativas culturais da provincia con impacto social e comunitario, ao tempo que reivindica a cultura como un dereito e como unha ferramenta de transformación social. Na presentación participaron a deputada de Cultura, Natividade González, e os responsábeis do volume, Alberto de Boiro (Alberto García, técnico de Cultura do Concello de Boiro e coordinador do Centro Social), coordinador, e Sergio Lago, editor de contidos.

Durante a súa intervención, Natividade González definiu o libro como “unha cartografía dese país cultural que ás veces non ocupa titulares, pero sostén moitísimo. Un país feito de proxectos comunitarios, de espazos compartidos e, sobre todo, de compromiso colectivo”.

A deputada destacou tamén o carácter esperanzador da publicación: “Fronte ao discurso da resignación e mesmo da impotencia, aquí atopamos experiencias que nos din algo moi claro: outra maneira de facer é posíbel. Máis humana, máis democrática, máis arraigada, máis útil para a vida”

O coordinador do libro, Alberto García (Alberto de Boiro), subliñou que a Deputación da Coruña leva “seis anos traballando e reivindicando os dereitos culturais” e destacou que a institución provincial “foi vangarda ao falar disto desde un país pequeno e desde unha administración coma esta”. Tamén puxo en valor a produción bibliográfica da Área de Cultura neste ámbito, xa que este é o terceiro volume publicado arredor do eixo A cultura é un dereito, tras Manual para políticas culturais locais, editado este mesmo ano, e A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura, publicado en 2023.

Pola súa banda, Sergio Lago destacou que “somos moitas as persoas na cultura que cremos no impacto social do traballo que se fai desde as políticas culturais”. Segundo explicou, a publicación “procura chegar a esa idea desde varias capas” e quere visibilizar que “xa hai moitas persoas a traballar nisto ao longo da provincia, en moitos lugares e desde moitas disciplinas”.

A publicación recolle unha investigación promovida pola Área de Cultura entre 2024 e 2025 para identificar e analizar proxectos culturais con enfoque social e comunitario desenvolvidos na provincia da Coruña. O volume aborda cuestións como os dereitos culturais, o valor social da cultura, a relación entre cultura e benestar ou o papel das políticas públicas culturais na construción de comunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.