Este sábado celébrase en Nebra a cuarta Andaina Infantil de Santa Rita (encadrada nas Festas de Santa Rita)

22 Maio 2026

Este sábado 23 de maio vaise celebrar no Porto do Son unha actividade deportiva e lúdica para a rapazada: a cuarta edición da Andaina Infantil de Santa Rita, Será un percorrido doado de cinco quilómetros con saída ás 10.00 horas do Local Veciñal de Nebra e que rematará cunha gran festa no campo da festa (a carón do Local Veciñal) onde as rapazas e rapaces poderán desfrutar dunha merecida merenda amenizada con xogos populares. Cómpre formalizar a inscrición previamente nos teléfonos móbiles que se achegan no cartel da andaina. Esta forma parte das actividades programadas en Nebra (O Porto do Son) para celebrar as Festas de Santa Rita, que este ano redobran a súa posta pola troula e o baile e a música tradicional e popular.

Os festexos arrincaron este xoves 21 de maio, Día do Cruceiro de Tores e proseguen este venres 22 (Día na Honra de Santa Rita). A xornada dará comezo coas Pandeireiteiras Falcoeira (dianas e alboradas), e con misas ás 10.00, ás 11.00, ás 12.00 (solemne), ás 19.00, ás 20.00 e ás 21.00 horas.

Ao mediodía haberá sesión vermú a cargo de Ana Angueira. A festa do venres 22 de maio culminará cunha gran verbena coa Orquestra New York e para os máis pequenos Planet Discomóbil a mans de Mateo Abelleira.

O sábado 23 de maio celebrarase a cuarta edición da Andaina de Santa Rita, con saída ás 10.00 horas dende Nebra e con inscrición previa. Ás 12.00 horas haberá xogos populares e merenda e logo dará comezo unha sesión vermú a cargo do Trío La Noche, para dar paso a unha degustación de porco e cordeiro ao espeto ou churrasco. Pola tarde, haberá bingo ás 16.00 horas e inchábeis e xogos para a rapazada. A partir das 19.00 horas comezará a verbena con Trío La Noche, que proseguirá máis tarde con Planet Discomóbil e con DJ Jalaiko aos mandos na cabina.

Organizan os veciños da comisión de festas de Santa Rita, en Nebra, coa colaboración do Concello do Porto do Son.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.