O 21 de maio arrincan as Festas de Santa Rita de Nebra

06 Maio 2026

O vindeiro 21 de maio comezan en Nebra (O Porto do Son) as Festas de Santa Rita, que este ano redobra a súa posta pola troula e o baile e a música tradicional e popular.

Os festexos arrincan o 21 de maio, Día do Cruceiro de Tores, a primeira hora con alboradas a cargo das Pandereteiras Falcoeira, que darán paso a unha misa solemne ás 12.00 horas e a unha sesión vermú a cargo do Dúo Aires de Broña. Polo serán, ás 19.00 horas, no Cruceiro de Tores celebrarase un concerto de Falcoeira e Canlebó. Despois haberá verbena co Dúo Aires de Broña.

O venres 22 será o Día na Honra de Santa Rita, e dará comezo coas Pandeireiteiras Falcoeira (dianas e alboradas), e con misas ás 10.00, ás 11.00, ás 12.00 (solemne), ás 19.00, ás 20.00 e ás 21.00 horas. Ao mediodía haberá sesión vermú a cargo de Ana Angueira. A festa do venres 22 de maio culminará cunha gran verbena coa Orquestra New York e para os máis pequenos Planet Discomóbil a mans de Mateo Abelleira.

O sábado 23 de maio celebrarase a cuarta edición da Andaina de Santa Rita, con saída ás 10.00 horas dende Nebra e con inscrición previa. Ás 12.00 horas haberá xogos populares e merenda e logo dará comezo unha sesión vermú a cargo do Trío La Noche, para dar paso a unha degustación de porco e cordeiro ao espeto ou churrasco. Pola tarde, haberá bingo ás 16.00 horas e inchábeis e xogos para a rapazada. A partir das 19.00 horas comezará a verbena con Trío La Noche, que proseguirá máis tarde con Planet Discomóbil e con DJ Jalaiko aos mandos na cabina.

Organizan os veciños da comisión de festas de Santa Rita, en Nebra, coa colaboración do Concello do Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...